Brenda Fricker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrenda Fricker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0002084 Allocine: 13173 Allmovie: p25069 TCM: 66161 TV.com: people/brenda-fricker Editar o valor em Wikidata

Brenda Fricker, nada en Dublín o 17 de febreiro de 1945 é unha actriz irlandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fricker naceu en Dublín,[1] filla de Bina Murphy, profesora en Stratford College, e Desmond Frederick Fricker, traballador do Departamento de Agricultura e xornalista de The Irish Times.[2]

De adolescente quixo seguir os pasos do seu pai no xornalismo.[3] Antes de converterse en actriz foi axudante do editor de arte de Irish Times, coa esperanza de chegar a ser reporteira. Aos dezanove anos fíxose actriz "por casualidade",[3] debutando nun pequeno papel sen acreditar en Of Human Bondage (1964), baseado na novela homónima de W. Somerset Maugham. Tamén apareceu en Tolka Row, primeira telenovela irlandesa.

En 1977 interpretou unha enfermeira na serie Coronation St e fíxose popular no Reino Unido por outro papel de enfermeira, Megan Roach no drama da BBC One Casualty, papel que abandonou en decembro de 1990 tras 65 episodios.

Fricker acadou gran recoñecemento internacional en 1989 cando gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por interpretar a nai de Christy Brown en O meu pé esquerdo. Volveu traballar co director Jim Sheridan en The Field (1990). Tras estes filmes continuou o seu traballo na televisión e participou en filmes de Hollywood, como Home Alone 2: Lost in New York.

En xullo do 2014 retirouse da interpretación.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1964 Of Human Bondage uncredited
1969 Sinful Davey sen acreditar
1978-79 The Quatermass Conclusion Alison Thorpe Serie de televisión
1979 The Music Machine Mrs. Pearson
1980 Bloody Kids Nurse
1982 The Ballroom of Romance Bridie
1985 The Woman Who Married Clark Gable Mary
1986-90,
1998, 2007,
2010
Casualty Megan Roach Serie de televisión
1989 My Left Foot Mrs. Brown
1990 The Field Maggie McCabe
1991 Brides of Christ Sister Agnes
1992 The Sound and the Silence Eliza Serie de televisión
1992 Utz Marta
1992 Seekers Stella Hazard Serie de televisión
1992 Home Alone 2: Lost in New York Central Park Pigeon Woman
1993 So I Married an Axe Murderer May Mackenzie
1993 Deadly Advice Iris Greenwood
1994 A Man of No Importance Lily Byrne
1994 Angels in the Outfield Maggie Nelson
1995 Journey Lottie Telefilme
1996 Moll Flanders Mrs. Mazzawatti
1996 A Time to Kill Ethel Twitty
1996 Swann Rose Hindmarch
1997 Masterminds Principal Claire Maloney
1998 Painted Angels Annie Ryan
1998 Resurrection Man Dorcas Kelly
1998 Pete's Meteor Lily
1999 Resurrection Nai de Clare Remake para televisión do filme de 1980
1999 Durango Aunt Maeve
2000 Cupid & Cate Willie Hendley
2001 The War Bride Betty
2002 The Intended Mrs. Jones
2003 Conspiracy of Silence Annie McLaughlin
2003 Veronica Guerin Bernadette "Bernie" Guerin
2003 Watermelon Teresa Ryan
2004 Trauma Petra
2004 Omagh Police Ombudsman Nuala O'Loan Telefilme
2004 Call Me: The Rise and Fall of Heidi Fleiss Madame Alex Telefilme
2004 Inside I'm Dancing Eileen
2004 Razor Fish Molly
2005 Milk Nan
2005 Tara Road Mona
2007 How About You
2007 Closing the Ring Grandma Reilly
2008 Stone of Destiny
2008 Beautiful People Narg Episodio: "How I Got My Beads"
2010 Locked In Joan
2011 Cloudburst Dot
2011 Albert Nobbs Polly
2013 A Long Way from Home Brenda
2013 Forgive Me Mrs. Smith

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Brenda Fricker Biography" en Biography.com". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  2. The Sunday Times, 2 de novembro de 2008, "Profile: Brenda Fricker, the star who makes Home Alone true"
  3. 3,0 3,1 "Brenda Fricker en holby.tv". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  4. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]