Bray Wanderers A.F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bray Wanderers
NomeBray Wanderers Association Football Club
Cumann Peile Fánaithe Bhré
Alcume(s)The Seagulls
Fundación1942
EstadioCarlisle Grounds,
Bray, Irlanda Irlanda
Capacidade3.185 espectadores sentados
Presidente Eddie Slevin
Adestrador Eddie Gormley
LigaFirst Division
Temp. 2019
VestimentaUmbro
PatrocinadorSports World
Na rede
http://www.braywanderers.ie/
Twitter: BrayWanderers Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Bray Wanderers Association Football Club (en irlandés Cumann Peile Fánaithe Bhré) é un club de fútbol irlandés da localidade de Bray, no condado de Wicklow (Leinster). Actualmente o club compite na League of Ireland Premier Division. O club foi fundado en 1942 e ascendeu á máxima categoría do fútbol irlandés en 1985.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado orixinalmente en 1922, cando algúns membros do St. Kevin's Gaelic Football Club de Bray deixaron o club como resultado dunha disputa e formaron un club de fútbol chamado Bray Wanderers. O club destacou durante estes anos na categoría xúnior, na que gañou a Miller Cup na tempada 1927-28. A pesar deste éxito, o equipo desapareceu durante os anos '30 e '40, cando o principal club da cidade foi o Bray Unknowns F.C., que xogou a liga entre 1924 e ata mediados dos '40.

En 1942 o club foi refundado e ingresou na Athletic Union League (AUL), na terceira división, na tempada 1943-44. Na tempada 1950-51 gañou a FAI Junior Cup ao derrotant ao Drogheda United por 2-1. Repetiu título na 1953-54, a derrotar ao Ierne por 1-0 na final. A seguinte tempada deixou a AUL e afiliouse á Leinster Senior League (LSL).

Gañou a Intermediate Cup os anos 1955-56 e 1957-58 e a LSL os anos 1957-58, 1958-59 e 1960-61. Este último ano deixou a LSL e retornou á AUL, comezando un novo declive. En 1973, o Bray Unknowns disputaba a LSL e decidiu trocar o seu nome por Bray Wanderers nun intento de unir esforzos dos dous clubs. En 1985 foi escollido para ingresar na League of Ireland, na que se acababa de crear a First Division, da que finalmente se proclamou campión.

Rexistros europeos[editar | editar a fonte]

UEFA Cup:

Participacións Partidos Gañados Empatados Perdidos A favor En contra
1 2 0 0 2 0 8

Recopa de Europa:

Participacións Partidos Gañados Empatados Perdidos A favor En contra
1 2 0 1 1 1 3

Total:

Participacións Partidos Gañados Empatados Perdidos A favor En contra
2 4 0 1 3 1 11

Opoñentes[editar | editar a fonte]

Tempada Competición País Equipo Resultado
1990-91 Recopa de Europa Rolda clasificatoria Trabzonspor 1-1, 0-2 (1-3)
1999-00 UEFA Cup Rolda clasificatoria Suíza Grasshopper Club Zürich 0-4, 0-4 (0-8)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.