Bray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bray
Bré
Bray-crest.png
Lema: Féile agus Fáilte
Provincia Leinster
Condado condado de Wicklow
Poboación (2006) 27.041 (4.860 na área) hab.
Altitude 18 metros
Páxina web www.braytowncouncil.ie
Localización de  Bray na Irlanda
53° 12' 00" N 06° 07' 00" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Bray (Bré en irlandés) é unha cidade situada ao norte do condado de Wicklow, na provincia de Leinster (Irlanda). Está situada a uns 20 km ao sur de Dublín e en 2006 tiña unha poboación de 31.901 habitantes, o que a convirte na novena cidade máis grande da República, e a cuarta cidade máis grande exceptuando as cinco grandes cidades irlandesas. Destaca a súa praia, cunha extensión de 1,6 km.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a Idade Media, Bray formaba parte do chamado Pale, un distrito gobernado directamente pola Coroa inglesa cuxo centro era a cidade de Dublín. Durante os séculos XVII e XVIII, Bray era tan só unha pequena vila de pescadores, mais contra o final do século XVIII, as clases medias de Dublín comezaron a instalarse en Bray para escapar da vida na cidade. Un exemplo da arquitectura propia desta época pode ser contemplado en Powerscourt House.

A cidade coñeceu un segundo momento de auxe coa creación da primeira liña de ferrocarril de Irlanda en 1834 que unía Dublín con Dún Laoghaire, que en 1854 se extendería ata Bray, experimentando un forte crecemento e converténdose na principal estación balnearia da costa Leste de Irlanda.

No século XX, a cidade converteuse nun dos destinos favoritos durante a década de 1950 para o turismo procedente de Irlanda do Norte, Inglaterra e Escocia. Non obstante, a partir da década de 1960, o interese pola cidade entrou en declive.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista da fachada marítima de Bray.

Bray encóntrase na desembocadura do Río Dargle, ao norte do condado de Wicklow, na liña divisoria co condado de Dublín (de feito algúns barrios do Norte se encontran neste condado). A cidade forma parte do área metropolitana de Dublín e recibe os seus servizos de transporte urbano, tanto do DART coma das liñas de autobuses urbanos da capital irlandesa. Limita ao oeste coas montañas de Wicklow.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]