Brasilia-Brasília
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Brasília é a capital do Brasil. Foi planexada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O seu trazado de rúas na parte planexada (chamada Plano Piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.
Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recebe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).
A cidade creceu máis que o planexado polo seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Pero, segundo o Censo de 2000, tiña 4 veces máis: máis de 2 millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros migrantes de varias rexións do Brasil) foi morar en barrios non planeados (chamados Cidades-Satélite) que ficaron máis grandes que a parte planeada. Alguns exemplos destes barrios son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.
A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belem-Brasilia (para o norte) e Brasilia-Acre (para a fronteira con Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade do Rio de Janeiro e a 1020 km de Sao Paulo.
Tamén é sé dunha importante universidade pública, a Universidade de Brasilia.
[editar] Páxinas web
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Norte | Belém (PA) · Boa Vista (RR) · Macapá (AP) · Manaus (AM) · Palmas (TO) · Porto Velho (RO) · Rio Branco (AC) |
| Noreste | Aracaju (SE) · Fortaleza (CE) · João Pessoa (PB) · Maceió (AL) · Natal (RN) · Recife (PE) · Salvador (BA) · São Luís (MA) · Teresina (PI) |
| Centro-Oeste | Campo Grande (MS) · Cuiabá (MT) · Goiânia (GO) |
| Sudeste | Belo Horizonte (MG) · Rio de Janeiro (RJ) · São Paulo (SP) · Vitória (ES) |
| Sur | Curitiba (PR) · Florianópolis (SC) · Porto Alegre (RS) |