Braquiópodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Braquiópodos
Terebratella sanguinea.jpg

O braquiópodo “Terebratella sanguinea”

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Braquiópoda
Subfilo

O Phylum dos braquiópodos (Brachiopoda, do grego brakhýs, "curto" e podós, "pé") son un tipo de animais mariños celomados, protóstomos, bilaterais que posúen un lofóforo e o seu corpo está contido nunha cuncha bivalva (diferente á que presentan os moluscos lamelibranquios). Son animais de vida sedentaria que viven fixos ao substrato.


Índice

[editar] Características

O Phylum dos Braquiópodos está composto na actualidade por 3 clases e ao redor de 4.000 especies vivas, sendo este grupo moito máis abundante no pasado (dende o Cámbrico, hai uns 600 m.a. ata o terciario) atopándose máis de 30.000 especies fósiles xa que as súas cunchas fosilizan moi ben, non así os tecidos brandos do interior. Na actualidade teñen unha distribución irregular por todo o planeta.

As principais características do grupo dos braquiópodos pódense resumir nos seguintes puntos:

  1. Son animais que posúen unha cuncha bivalva segregada polo manto.
  2. Teñen un lófoforo formado por tentáculos ciliados que orixina sucos que levan o alimento á boca.
  3. O celoma esta formado por tres compartimentos: protocele, mesocele e metacele.
  4. As gónadas, normalmente 4 parellas, son sinxelas formadas a partir das células peritoneais.
  5. Os animais están ancorados ao substrato por medio dun pedúnculo.
  6. A excreción realízase mediante un ou dous pares de metanefridios
  7. O aparato circulatorio e aberto, contendo unha bolsa cardíaca pulsátil.
  8. O desenvolvemento embrionario comeza por unha segmentación radial e holoblástica.

[editar] Anatomía

Spiriferina rostrata

Os braquiópodos presentan as seguintes características anatómicas:

  • O sistema nervioso non está moi ben desenvolvido. Algúns semellan telo no interior da epiderme e outros baixo ela. Consta dun anel nervioso periesofáxico conectado ó ganglio subesofáxico, do que saen nervios cara o manto, co supraesofáxico do que saen o nervios que percorren os lofóforos.
  • O sistema circulatorio amosa dous líquidos que interveñen na circulación: o sangue e o líquido do celoma. O sangue contén hemeritrina que é un pigmento respiratorio que axuda a recoller e liberar osíxeno. O líquido do celoma circula grazas a acción duns cilios e flaxelos situados no peritoneo. Existe unha vesícula pulsátil que latexa lentamente e que está no vaso medio dorsal. Este vaso se divide en ramas que chegan ata cada tentáculo.
  • O aparato dixestivo é máis ben sinxelo, comezando na boca a que chegan as partículas de alimento englobadas nun mucus. O alimento continúa polo esófago e mediante movementos peristálticos chega ao estómago que ten sobre a súa parede un fígado. A continuación hai un intestino delgado que remata nun cego ou as veces nun ano.
  • Teñen músculos adutores que están unidos a ambas cunchas e que serven para pechalas. Para abrir a cuncha interveñen os músculos abdutores. Tamén existe uns músculos pedunculares (dorsal e ventral) que serven para inclinar a cuncha respecto do pedúnculo.

[editar] Reprodución

Estes animais son xeralmente dioicos, formándose os gametos a partir do peritoneo en 4 pares de gónadas. Os gametos son expulsados polos nefridios ao exterior producíndose a incubación no mar ou en ocasións na cavidade paleal, no nefridio ou incluso no lofóforo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Braquiópodo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Bibliografía

  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 748-758 ISBN 84-368-0316-7


[editar] Ligazóns externas


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas