Brandon Polk
Hobart Chargers | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1984 (40 anos) Wichita, Kansas |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,00 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Liga | Australia |
Información da carreira | |
Universidade | Butler |
Carreira | dende 2006 |
Historial de equipos | |
Butler Bulldogs (2004-2006) Fribourg Olympic (2006-2007) KTP Kotka (2007-2008) Kauhajoen Karhu (2008-2009) Hobart Chargers (2010) Leite Río Breogán (2010) Lobe Huesca (2010-2011) | |
Premios e galardóns | |
1× Liga suíza (2006-07) 1× Copa suíza (2006-07) 1× Liga finlandesa (2008-09) 1× Copa finlandesa (2008-09) |
Charles Brandon Polk II, nado o 9 de xaneiro de 1984 en Wichita, Kansas, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte comunitario actualmente cos Hobart Chargers de Tasmania (Australia). O seu último foi o Lobe Huesca na Liga LEB. Formado na Universidade de Butler, e cunha altura de 2,00 metros, xoga habitualmente de ala-pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Brandon Polk formouse no instituto de North Redlands en Wichita, Kansas, a súa cidade natal, co cal conseguiu acadar o subcampionato a nivel estatal na temporada 2004. Ese mesmo ano ingresa na Universidade de Butler, onde disputa a NCAA, e onde permaneceu durante dúas temporadas, de 2004 a 2006. Ao graduarse rematou cunhas medias de 18 puntos e case 5 rebotes, co que obtivo o título de MVP da súa conferencia no seu último ano. Esa tempada tamén foi o terceiro máximo anotador da mesma, ademais do mellor en porcentaxe de tiro e tapóns.
Finalizada a súa etapa universitaria móvese a Europa, onde xoga no seu primeiro ano na liga suíza co Benetton Fribourg Olympic, co que gaña a Liga e a Copa. Ao ano seguinte recalou en Finlandia, onde xogou co KTP Kotka e co Kauhajoen Karhu, equipo co que tamén gañou a Liga e a Copa do país, onde xogou até 2009, proclamándose novamente Campión da Liga Regular e Campión de Liga. Unha vez concluída a súa última tempada en Finlandia, disputou a Liga ABA de Australia cos Hobart Charges.[1]