Anfioxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Branchiostoma lanceolatum»)
Anfioxo

Branchiostoma lanceolatum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Cephalochordata
Familia: Branchiostomidae
Xénero: Branchiostoma
Especie: B. lanceolatum
Nome binomial
Branchiostoma lanceolatum
(Pallas, 1774)
Sinonimia
  • Amphioxus lanceolatus Pallas
  • Branchiostoma haecklii Franz, 1922
  • Branchiostoma lubricum Costa, 1834
  • Limax lanceolatus Pallas, 1774

O anfioxo (do latín amphioxus, e este do grego αμφί amphí, "dos dous lados", e οξύσ oxýs "afiado", literalmente, "afiado, agudo polos dous extremos"), é unha especie de cefalocordado da familia dos branquiostómidos (Branchiostomidae), especie Branchiostoma lanceolatum.

Características[editar | editar a fonte]

Diagrama anatómico do Branchiostoma lanceolatum.

Representa a transición entre os invertebrados e os vertebrados.

É un animal mariño que vive en augas pouco profundas, e adoita estar nas praias areosas do Atlántico e o Mediterráneo.

É moi primitivo, con forma pisciforme (de lanceta) e de pequeno tamaño, tan só uns 5 cm de longo.

Non posúe cranio e non ten un cerebro diferenciado, mandíbulas, nin esqueleto, pero si un sistema nervioso formado por unha corda dorsal que non está protexida por vértebras, e parece totalmente desprovisto de órganos sensoriais. Porén, durante o seu estado larvario mostra notocorda, o que fai que se inclúa no filo dos cordados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]