Branca Novoneyra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBranca Novoneyra
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina , escritora , coreógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiUxío Novoneyra Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2932529

Branca-Petra Novo Rey, coñecida como Branca Novoneyra, nada en Lugo en 1976, é unha escritora, bailarina e coreógrafa galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia no Courel, é filla do poeta Uxío Novoneyra. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Estudos Avanzados pola Universidade de Belas Artes de Granada. Desde 2002 desenvolve o seu traballo como bailarina en colaboración con poetas, videoartistas e músicos en diferentes colectivos. Ten publicado traballos sobre historia e crítica da danza en revistas especializadas. Tamén editou diversas obras poéticas.

Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Santiago de Compostela por Compostela Aberta e foi concelleira de Cultura.

Xunto a Olalla Cociña, programou os Picaversos. Traballa para gardar o legado de Uxío Novoneyra, o seu pai, na Fundación que leva o nome do escritor en Parada do Courel. Dirixe o Festival dos Eidos, tamén no Courel.[1]

Colaboradora de Nós Diario.[2]

Espectáculos[editar | editar a fonte]

Coreografía[editar | editar a fonte]

  • Chove para que eu soñe, 2002.
  • Mordomo, 2006.
  • Bucle, 2007.
  • Nexus 6, 2008.
  • Game over, 2009.
  • Aneis, 2010.

Multimedia[editar | editar a fonte]

  • Tender a man, 2011. Danza, música e poesía.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (2013). Bubela.
  • Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de poesía La voz más joven da Obra Social Caja Madrid no 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lopo, Antón (2023-05-24). "Branca Novoneyra rompe o seu silencio poético coa forza conceptual de 'As cunchas baleiras'". A poesía necesaria. Consultado o 2023-05-27. 
  2. Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2023-05-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]