Boys Don't Cry (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boys Don't Cry
Recompilatorio de The Cure
Data de edición: 5 de febreiro de 1980
Lanzamento:
Datas de gravación: 1978 - 1979
Duración: 34:09
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Xénero musical: post-punk
Selo discográfico: Fiction Records, Elektra Records, Asylum Records
Producido por: Chris Parry
Cronoloxía
Three Imaginary Boys Boys Don't Cry Seventeen Seconds

Boys Don't Cry é un álbum da banda inglesa The Cure, editado o 5 de febreiro de 1980 no Reino Unido e en agosto dese ano nos Estados Unidos. É un recompilatorio das cancións de Three Imaginary Boys, pero sen tres dos seus temas ("Foxy Lady", "Meathook" e "It's Not You") e con cortes adicionais ("Boys Don't Cry", "Plastic Passion", "Jumping Someone Else's Train", "World War" e "Killing an Arab"). O sinxelo de estrea para este álbum foi "Boys Don't Cry".

Na contraportada da edición orixinal británica de Three Imaginary Boys, os temas non veñen listados convencionalmente, senón representados por pictogramas. Boys Don't Cry colleu o pictograma da canción "Fire in Cairo" para a imaxe da portas.

No ano 2003 o álbum foi colocado no número 442 na lista da revista Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas por The Cure.

Álbum orixinal[editar | editar a fonte]

Cara A[editar | editar a fonte]

  1. "Jumping Someone Else's Train" – 2:57
  2. "Boys Don't Cry" – 2:34
  3. "Plastic Passion" – 2:15
  4. "10:15 Saturday Night" – 3:38
  5. "Accuracy" – 2:18
  6. "Object" – 3:03
  7. "Subway Song" – 1:55

Cara B[editar | editar a fonte]

  1. "Killing an Arab" – 2:22
  2. "Fire in Cairo" – 3:21
  3. "Another Day" – 3:43
  4. "Grinding Halt" – 2:49
  5. "World War" – 2:36
  6. "Three Imaginary Boys" – 3:14

Versións en CD[editar | editar a fonte]

Na versión en CD do álbum, "Object" foi reemprazada por "So What", o berro do final de "Subway Song" foi acurtado, e "World War" foi quitada.

  1. "Boys Don't Cry" – 2:35
  2. "Plastic Passion" – 2:14
  3. "10:15 Saturday Night" – 3:38
  4. "Accuracy" – 2:16
  5. "So What?" – 2:35
  6. "Jumping Someone Else's Train" – 2:56
  7. "Subway Song" – 1:55
  8. "Killing an Arab" – 2:22
  9. "Fire in Cairo" – 3:21
  10. "Another Day" – 3:43
  11. "Grinding Halt" – 2:49
  12. "Three Imaginary Boys" – 3:14

O édición orixinal en CD de Fiction/Polygram feita en Alemaña (#815 011-2) conta con 13 temas. Coincide coa orde e o contido do vinilo orixinal estadounidense. Inclúe "Object" e "World War" e desaparece "So What". O berro ao final de "Subway Song" está completo, pero a intro de "10:15 Saturday Night" está cortada.

  1. "Boys Don't Cry" – 2:35
  2. "Plastic Passion" – 2:14
  3. "10:15 Saturday Night" – 3:38
  4. "Accuracy" – 2:16
  5. "Object" – 3:01
  6. "Jumping Someone Else's Train" – 2:56
  7. "Subway Song" – 1:59
  8. "Killing an Arab" – 2:22
  9. "Fire in Cairo" – 3:21
  10. "Another Day" – 3:43
  11. "Grinding Halt" – 2:49
  12. "World War" - 2:36
  13. "Three Imaginary Boys" – 3:14