Boys Don't Cry (filme)
| Boys Don't Cry | |
|---|---|
| Título orixinal | Boys Don't Cry |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Kimberly Peirce |
| Produtor | John Hart Eva Kolodner Jeff Sharp Christine Vachon |
| Guión | Kimberly Peirce Andy Bienen |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Hilary Swank Chloë Sevigny Peter Sarsgaard Brendan Sexton III Alicia Goranson Jeanetta Arnette Alison Folland Matt McGrath |
| Música | Nathan Larson |
| Fotografía | Jim Denault |
| Montaxe | Tracy Granger Lee Percy |
| Estudio | Fox Searchlight Pictures The Independent Film Channel Productions Killer Films Hart-Sharp Entertainment |
| Distribuidor | Fox Searchlight Pictures |
| Ano | 1999 |
| Duración | 118 min. |
| País | Estados Unidos |
| Xénero | Policial Drama Romántica |
| Orzamento | US$2.000.000 |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Boys Don't Cry é unha película estadounidense de 1999, dirixida por Kimberly Peirce e protagonizada por Hilary Swank e Chloë Sevigny.
É unha produción de cine independente, baseada na historia real de Brandon Teena, un mozo transexual que foi violado e asasinado o 31 de decembro de 1993 polos seus amigos masculinos cando descubriron que tiña xenitais femininos (naceu bioloxicamente como muller, pero vivía como home).
Recibiu boas críticas positivas, especialmente polas actuacións de Swank e Sevigny, e foi un éxito de taquilla considerando o seu baixo orzamento e a produción independente. Tamén obtivo numerosos premios.
A película está ambientada en Lincoln e Falls City, ambas en Nebraska, aínda que foi rodada en Greenville, Texas, unha pequena cidade unhas 45 millas ao noroeste de Dallas.
[editar] Elenco
- Hilary Swank - Teena Brandon
- Chloë Sevigny - Lana Tisdel
- Peter Sarsgaard - John Lotter
- Brendan Sexton III - Tom Nissen
- Alicia Goranson - Candace
- Jeanetta Arnette - Juliet Tisdel, a nai de Lana
- Alison Folland - Kate
- Matt McGrath - Lonny
- Rob Campbell - Brian
[editar] Galardóns
Oscar 2000 (EUA)
- Venceu na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).
- Candidata na categoría de mellor actriz de reparto (Chloë Sevigny).
Globo de Ouro 2000 (EUA)
- Venceu na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).
BAFTA 2001 (Reino Unido)
- Candidata na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).