Borja Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borja Fernández
Borja Fernández.jpg
Información persoal
Nome completo Borja Fernández Fernández
Nacemento 14 de xaneiro de 1981 (31 anos)
Lugar Ourense, Galicia
Altura 1,88 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 12
Carreira xuvenil
?–1996 Pabellón
1996–2000 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Apps (Gls)
2000–2001 Real Madrid C
2001–2003 Real Madrid B 72 (4)
2003–2006 Real Madrid 31 (0)
2005–2006 Mallorca (cedido) 21 (0)
2006–2010 Valladolid 128 (3)
2010– Getafe 24 (0)
2011– Deportivo (cedido) 12 (0)
Selección nacional
1997–1998 España sub-16 10 (0)
1998–1999 España sub-17 9 (0)
1999–2000 España sub-18 4 (0)
2002–2003 España sub-21 2 (0)
2005–2008 Galicia 3 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 11 de marzo de 2012.
† Aparicións (Goles)

Borja Fernández Fernández, nado o 14 de xaneiro de 1981 en Ourense, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Deportivo da Coruña.

Índice

[editar] Traxectoria

Borja Fernández foi formado na canteira do Real Madrid, onde chegou con 15 anos procedente do Pabellón Club de Fútbol, pasando polo terceiro e segundo equipo ata chegar ao primeiro equipo, no que debutou contra o Villarreal CF (1-1). Disputou co equipo branco un total de 23 partidos en Liga, 11 de Copa e 4 de Liga de Campións. Foi cedido ao Mallorca onde non chegou a despuntar e ao principio da tempada 2006-07 foi traspasado ao Real Valladolid.

En xuño de 2010 chegou libre ao Getafe CF, polo que asinou 4 anos. O 22 de agosto de 2011 anunciouse que xogaría unha tempada no Deportivo da Coruña en calidade de cedido.[1]

[editar] Selección nacional

Borja foi internacional coa Selección galega de fútbol.

[editar] Palmarés

Deportivo

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas