Boris Gorbatov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boris Gorbatov
Nacemento2 de xullo de 1908 e 15 de xullo de 1908
Lugar de nacementoPervomaisk
Falecemento20 de xaneiro de 1954
Lugar de falecementoMoscova
CausaIctus
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
EtniaPobo xudeu
Ocupaciónescritor, xornalista, guionista, dramaturgo, correspondente de guerra e roteirista de cinema
CónxuxeTatiana Okunevskaya e Nina Nikolajewna Archipowa
PremiosPremio Stalin, Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Orde da Estrela Vermella, Orde da Insignia de Honra, Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Medal "For the Defence of Odessa", Medalha "Pela Defesa do Cáucaso", Medalha "Pela Libertação de Varsóvia", Medal "For the Capture of Berlin", Lenin Komsomol Prize, Premio Stalin e Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow"
Na rede
IMDB: nm0329797 Find a Grave: 112435540 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Boris Gorbatov, nado o 15 de xullo de 1908 e finado o 20 de xaneiro de 1954, foi un escritor e xornalista soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na conca do Don, en Ucraína, comezou a escribir de moi novo, en 1928 publicou o seu primeiro libro importante, a novela Ячейка (A célula). Correspondente en Siberia e os Urais do diario Pravda, escribiu varios libros con artigos xornalísticos e ensaios. En 1933 publicou Мастера (Os mestres) e en 1934 Мое поколение (A miña xeración). A partir de 1936 botou tempadas en observatorios do Ártico, desas experiencias saíu o libro Обыкновенная Арктика (O Ártico cotián). Durante a segunda guerra mundial foi correspondente de guerra, entrou en Berlín coas tropas soviéticas. A súa experiencia durante a guerra deixoulle unha fonda pegada que se concretou en obras como Алексей Куликов, боец (O soldado Alexei Culicov, 1942) ou Непокоренные (Os indomables, 1943).