Bordeos - Bordeaux
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Información | |||
| País | |||
| Rexión | Aquitania | ||
| Superficie | 49,36 km2 | ||
| Poboación | 230.600 (2007 est.) | ||
| Densidade | 4.658 h/km² (2007 est.) | ||
| Alcalde | Alain Juppé (dende o 2006) | ||
| www.bordeaux.fr Páxina Oficial | |||
Bordeos (occitano Bordèu; francés Bordeaux) é unha cidade do suroeste de Francia, capital da rexión de Aquitania e do departamenteo da Gironde (departamento). Está cruzada polo río Garona.
É un porto accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do Gironde, principalmente en Verdon. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironde, a ponte de Aquitania. Máis alá, o Garona, e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos.
Índice |
[editar] Urbanismo
Bordeos é unha cidade na que o desenvolvemento precoz conducíu rapidamente á urbanización completa do territorio municipal, e tamén ó crecemento nos barrios dos arredores, dende o comezo do século XX, como demostra a evolución do número de habitantes.
Tras un periodo de rápido despoboamento e de importantes traballos de renovación dos barrios máis antigos, a poboación da cidade estabilizouse. Ó mesmo tempo, a aglomeración desenvolveuse a un ritmo rápido, debido a unha forte urbanización. Isto está moi ligado ó feito de que a tipoloxía das construcións da aglomeración bordelesa excede raramente dous, ás veces tres andares, nos arrabaldes.
Despois de abandonado un proxecto de metro automático, Bordeos dotouse dunha especie de tranvía, inaugurado o 21 de decembro de 2003.
[editar] Historia
Bordeos foi fundada no século III aC co nome de Burdigala polos Bituriges Vivisques (literalmente "biturixes desprazados"), que eran un pobo galo da rexión de Bourges. O primeiro emprazamento situouse na embocadura do Devèze, un afluente do Garona, próximo ó Gironde.
Nesa época acutou como un emporium, un tipo de vila de comerciantes, controlando as rotas do estano e do chumbo entre os portos galos do río Loira e a república romana.
Despois da ocupación romana, Burdigala desenvolveuse e acabou por se converter na cidade máis opulenta da Galia. No século II quitoulle a Saintes (daquela Mediolanum Santonum) o título de capital administrativa da provincia de Aquitania.
Do século XII ao século XV a cidade é un feudo dos reis de Inglaterra.
O século XVIII é a súa época dourada, co florecente comercio coas Antillas. As suntuosas mansións costeiras son desa época.
Durante a primeira guerra mundial, estando París ameazado polo avance dos exércitos alemáns, o goberno francés reprégase en Bordeos. Fixo mesmo de capital en 1940, antes da derrota.
[editar] Administración
Dende 1966, Bordeos é a sede da Comunidade Urbana de Bordeos, que comprende 27 concellos: Ambarès-et-Lagrave, Ambès, Artigues-près-Bordeaux, Bassens, Bègles, Blanquefort, Bordeos, Bouliac, Le Bouscat, Bruges, Carbon-Blanc, Cenon, Eysines, Floirac, Gradignan, Le Haillan, Lormont, Mérignac, Parempuyre, Pessac, Saint-Aubin-de-Médoc, Saint-Louis-de-Montferrand, Saint-Médard-en-Jalles, Saint-Vincent-de-Paul, Le Taillan-Médoc, Talence, Villenave-d'Ornon.
Bordeos está dividido en 8 cantóns:
- O 1º cantón conta 24.453 habitantes,
- O 2º cantón conta 23.855 habitantes;
- O 3º cantón conta 31.634 habitantes;
- O 4º cantón conta 30.994 habitantes;
- O 5º cantón conta 25.184 habitantes;
- O 6º cantón conta 27.302 habitantes;
- O 7º cantón conta 12.993 habitantes;
- O 8º cantón conta 38.948 habitantes.
[editar] Monumentos
A cidade está clasificada como Patrimonio da Humanidade grazas ao seu conxunto escultórico e arquitectónico.
- Monumento ós xirondinos e á República
- Grand Théâtre
- Ponte de Pedra
- Catedral de Santo André
- Palacio Rohan, onde está a casa do concello
- Praza das Quinquonces, segunda praza máis grande de Francia (despois da praza da Concordia en París)
- Palacio Gallien, derradeiro vestixio da época galo-romana
- Porta Cailhau, unha das portas da antiga muralla medieval
- La Grosse Cloche, segunda porta restante da antiga muralla medieval
- Torre Pey Berland
[editar] Cidades irmás e socias
[editar] Cidades irmás
Bristol, Reino Unido, desde 1947.
Lima, Perú, desde 1957
Quebec, cidade, Quebec, Canadá, desde 1962
Munich, Alemaña, desde 1964
Os Ánxeles, Estados Unidos, desde 1968
Porto, Portugal, since 1978
Fukuoka, Xapón, desde 1982
Madrid, España, desde 1984
Ashdod, Israel, desde 1984
Baku, Acerbaixán, desde 1985
Casablanca, Marrocos, desde 1988
Wuhan, China, desde 1998
Oran, Alxeria, desde 2003

