Bonome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bonome
Nacemento20 de abril de 1901
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento29 de outubro de 1995
Lugar de falecementoDreux
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor e ceramista
editar datos en Wikidata ]

Santiago Rodríguez Bonome, chamado Bonome de nome artístico, nado en Santiago de Compostela en 1901 e finado en Francia en 1995, foi un escultor en madeira e ceramista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Evaristo Rodríguez Brea e Antonia Bonome Pérez. Traballou desde moi novo no taller de ebanistería e aos 13 anos entra no obradoiro de imaxinería relixiosa de José Rivas, ao pé da catedral. Aos 18 anos pasa ao obradoiro de Enrique Carballido.

En 1924 marchou para Madrid onde expuxo no Centro Galego, e logo na Exposición Nacional da Coruña. En 1925 expuxo no Centro Galego de Bos Aires e de 1926 a 1927 en Barcelona, na Bienal de Venecia, en Monza e na Habana.

En 1929 chegou a París, e en 1931 expuxo na sala Leblanc-Barbedienne, que se converteu no seu editor. A segunda guerra mundial trouxo un profundo cambio na vida do artista que virou cara á fabricación de obxectos de decoración fundidos, e logo cara á cerámica artística.

Obras[editar | editar a fonte]

Quiñones de León, polo escultor Bonome, no Pº de Ángel Ilarri de Vigo.

Algunhas das súas obras encóntranse en Toquio, Filadelfia, distintos lugares de Francia, Suíza, Alemaña, e España, ben en museos ou en coleccións particulares: esculpiu bustos do embaixador de España en Francia, Quiñones de León; do presidente do goberno da república española, exiliado en París, o galego Manuel Portela Valladares; do arquitecto Antonio Palacios, de Valle-Inclán, de Isabelle Mallet (creadora da semana da beleza en París), do pintor Néstor de la Torre; o mausoleo de Alejandro Pérez Lugín; "La Femme de l'Idole" (A muller do ídolo) (Centro Georges Pompidou, París); "l'Agriculture et le Travail" (A agricultura e o traballo) (edificio do Ministerio de Traballo, Madrid); "La Douleur" (A dor); Jeanne d'Arc (Xoana de Arco).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1940 con Simone Grottard, con quen tivo dúas fillas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]