Bono lixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En finanzas, un bono lixo é un título de renda fixa que ten un alto risco de impago e que en contraprestación ten que pagar uns xuros máis altos, xeralmente emitido por unha entidade pouco coñecida ou de mala recomendación.[1]

Son (bono de grao non-investimento, bono de grao especulativo) bonos de baixa cualificación crediticia que están clasificados por baixo do denominado grao de investimento. Estes bonos teñen un alto risco de suspensión de pagos ou outros eventos crediticios adversos, pero tipicamente pagan máis dividendos cós bonos de mellor calidade para facelos atractivos aos investidores.

Fluxos e niveis[editar | editar a fonte]

A emisión a nivel mundial de bonos lixo aumentou máis do dobre en 2003, ata acadar os 146 mil millóns de dólares en instrumentos expedidos, por menos de 63 mil millóns en 2002, aínda que isto é aínda menos có récord mundial de 150 mil millóns en 1998. A súa expedición está desproporcionadamente centrada en EUA, aínda que institucións en Europa, Asia e Sudáfrica recorreron a este tipo de débeda en relación ao refinanciamento e adquisicións. En 2006, compañías europeas expediron máis de 31 mil millóns de euros en bonos lixo.[2]

Risco[editar | editar a fonte]

As débedas ocasionan riscos.

O propietario de calquera débeda está suxeito a un risco de xuro, un risco de crédito, un risco de inflación, un risco de divisa, un risco de duración, un risco de convexidade, un risco de repago do principal, un risco de liquidez, un risco de madurez, un risco de reinversión, un risco de mercado, un risco político e un risco de axuste fiscal.

O risco de tipo de interese refírese a que o risco do valor de mercado dun bono cambie debido a cambios na estrutura ou no nivel das taxas de interese ou expansións de crédito. O risco de crédito dun bono lixo refírese á probabilidade ou a probable perda sobre un evento crediticio (p.e., as perdas do obrigante sobre pagos calendarizados ou se declara en bancarrota, ou reestruturación do bono), ou un cambio na calidade do crédito expedido por unha axencia de clasificación incluíndo a Fitch, Moody's ou Standard & Poors.

Unha axencia de clasificación de créditos busca describir o risco cunha clasificación como AAA. En América do Norte, as cinco principais axencias son Standard & Poor's, Moody's, Fitch Ratings, Dominion Bond Rating Service e A.M. Best. Os bonos noutros países poden ser clasificados por axencias estadounidenses ou por axencias de clasificación de créditos locais. As escalas de clasificación cambian; a escala máis popular usa (en orde de incremento no risco) as clasificacións AAA, AA, A, BBB, BB, B, CCC, CC, C, coa clasificación adicional D para débedas que xa presentan atrasos. Os bonos de Estado e os bonos emitidos por empresas patrocinadas polo goberno (GSE's) son usualmente considerados nunha categoría de cero-risco sobre a AAA; e categorías como AA e A algunhas veces divídense en categorías máis específicas como "AA-" ou "AA ".

Bonos clasificados de BBB- para riba son chamados bonos de grao de investimento. Os bonos clasificados por baixo do grao de investimento na súa data de emisión son chamados bonos de grao especulativo, ou coloquialmente bonos lixo.

As débedas clasificadas moi baixas ofrecen mellores rendementos, facendo os bonos especulativos vehículos de investimento atractivos para algúns tipos de portafolios e estratexias financeiras. Algúns fondos de pensión e outros inversionistas (bancos, compañías aseguradoras), con todo, polos seus estatutos teñen prohibido investir en bonos que estean clasificados por baixo dun certo nivel de risco. Como resultado, as seguridades con clasificacións baixas teñen unha base de inversionistas diferentes cós bonos de grao de investimento.

O valor dos bonos especulativos é afectado en maior medida cós bonos de grao de investimento pola posibilidade da suspensión de pagos. Por exemplo, nunha recesión as taxas de interese poden caer, e a caída nas taxas de interese tende a incrementar o valor dos bonos de grao de investimento; con todo, unha recesión tende a incrementar a posibilidade da suspensión de pagos dos bonos de grao especulativo.

Usos[editar | editar a fonte]

Os bonos de grao especulativo orixinais eran bonos que foran de grao de investimento no momento de seren emitidos, pero dos que o emisor caeu en canto á súa clasificación e a posibilidade de suspensión de pagos aumentou significativamente. Eses bonos son chamados "Anxos Caídos".

O banqueiro de investimentos deuse conta de que os anxos caídos foran menos valorados do que en realidade valían. O seu tempo con bonos de grao especulativo comezou co seu investimento neles. Foi máis tarde cando el e outros banqueiros investidores en Drexel Burnham Lambert, seguidos por aqueles de firmas competidoras, comezaron a organizar a emisión de bonos que estivesen en grao especulativo desde o inicio. Bonos de grao especulativo, xa que logo, volvéronse ubicuos nos anos 1980 como un mecanismo financeiro en fusions e adquisicións. Nunha compra con diñeiro prestado, o adquirente emitirá bonos de grao especulativo para axudar a pagar pola adquisición e logo empregar o fluxo de caixa do obxectivo para axudar a pagar a débeda. No 2005, máis do 80% da suma principal de débeda emitida por compañías de Estados Unidos foron usadas para propósitos corporativos en lugar de adquisicións e compras.

Os bonos lixo tamén poden ser reempaquetados en obrigacións colateralizadas de débeda, aumentando a clasificación de crédito das partes do investimento máis importantes sobre a clasificación da débeda orixinal. As partes máis importantes poden cumprir os requirimentos da clasificación de crédito dos fondos de pensión e doutros inversionistas institucionais a pesar do risco significante da débeda orixinal.

Índices de bonos lixo[editar | editar a fonte]

Os índices dos bonos lixo existen para inversionistas dedicados no mercado. Os índices para o amplo mercado dos bonos lixo inclúen o CSFB High Yield II Index (CSHY), o Merrill Lynch High Yield Master II (H0A0), e o Bear Stearns High Yield Index (BSIX). Algúns inversionistas, preferindo dedicarse a investimentos mellor clasificados e menos arriscados, usan o índice para incluír soamente seguridades BB e B, tales como o Merrill Lynch BB/B Index. Outros inversionistas céntranse na débeda de menor calidade, CCC, ou en seguridades xa en débeda e protexidas pola bancarrota, usualmente definidas como as que renden 1000 puntos base sobre os bonos gobernamentais equivalentes.

Empresas cualificadas como bono lixo[editar | editar a fonte]

Algunhas das principais empresas mundiais cualificadas como bono lixo son (2012): Xerox, Motorola, Royal Caribbean, Time Warner, Seagate Technology.

Algunhas das empresas españolas máis importantes cualificadas como bono lixo son (2012): OHL, Abengoa, Banco Popular, Bankinter e Banco Sabadell.

Cualificación crediticia galega[editar | editar a fonte]

En outubro de 2012, a axencia de cualificación Standard & Poor's (S&P) anunciou unha nova rebaixa da nota de Galicia e doutras seis comunidades, despois de ter recortado outros dous niveis a España ata situala a carón do bono lixo. No caso galego esta decisión supón que pase de BBB+ a BBB-, o penúltimo chanzo. A axencia achacou a rebaixa a que as rexións españolas de réxime común non poden superar a nota do país soberano.

A cualificación crediticia das dúas principais cidades galegas, A Coruña e Vigo, é segundo Ficht de AA-, con perspectivas negativas cara ao futuro.

Dentro das empresas galegas, Nova Galicia Banco ten as seguintes cualificacións: Fitch: BB+, Moody´s: B1, Standar & Poor´s: NR.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hernández, Gustavo. Diccionario de economía. Universidad Cooperativa de Colombia. ISBN 958-8205-80-8.
  2. Bryant Edwards et al, (Latham & Watkins LLP 2006)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]