Bonaventura Carles Aribau
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1798 Barcelona, España |
Morte | 27 de setembro de 1862 (63 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Poblenou Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | economista , xornalista , escritor , político |
Influencias | |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
|
Buenaventura Carlos Aribau, nado en Barcelona o 4 de novembro de 1798 e finado no mesmo lugar o 17 de setembro de 1862, foi un escritor e economista catalán, considerado o iniciador da Renaixença catalá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o fundador da Sociedade Filosófica de Cataluña, e no ano 1817 publica Ensayos poéticos. Uniuse á revolución liberal e colaborou co Diario Constitucional. Foi secretario da Deputación de Lleida e membro da Acadèmia de les Bones Lletres desde 1820, sendo co-fundador e redactor de El Europeo en 1823. No 1826 trasládase a Madrid, onde traballo en La nación, La España e El Corresponsal, fundado en 1839 por Gaspar Remisa. Con Rivadeneyra fundou a Biblioteca de Autores Españoles. Foi nomeado director xeral do Tesouro(1847), da Xunta de Aduanas e Aranceis (1850), da Casa da Moeda, Minas e Propiedades do Estado (1852) e secretario da Intendencia da Casa Real e Patrimonio (1857).
A obra máis recoñecida de Aribau é a Oda a la pàtria, de 1833, que se considera o comezo da Renaixença.