Bombardier 415
| Bombardier 415 | |
|---|---|
| Bombardier 415 da Forza Aérea Española | |
| Tipo | avión anfibio contra-incendios |
| Fabricante | |
| Primeiro voo | 1993 |
| Introducido | 1994 |
| Construídos | 76 |
O Bombardier 415 (antigamente Canadair CL-415) é un avión anfibio canadense deseñado especificamente para a loita contra-incencios. Está baseado no avión da mesma compañía CL-215. Nos Estados Unidos comercialízase co nome "Superscooper."
Deseño [editar]
En 1987, seguindo as tendencias do mercado cara motores turbohélice máis eficientes, potentes e fiables, Canadair levou a cabo a tarefa de modernizar varios fuselaxes de CL-215 instalando motores Pratt & Whitney Canada PW123AF, conseguindo un incremento de potencia dun 15% con respecto aos motores de pistóns orixinais. O avión foi denominado CL-215T e tamén conta con varias melloras aerodinámicas e de sistemas, que incluen controis motorizados, aire acondicionado na cabina e tamén melloras nos sistemas eléctricos e de aviónica. As características externas máis notables do novo CL-215T foron engadidos aerodinámicos nas ás e na empenaxe.
Baseado no exitoso CL-215, a compañía presentou o CL-415, unha nova serie de produción que comezou en 1993. O 415 ten unha cabina actualizada, melloras na aerodinámica e cambios no sistema de liberado de auga, creando un moderno avión contra-incendios para ser usado na detección e extinción de incendios forestais.
Comparado co CL-215, to 415 incrementou o peso e a velocidade operacional, producindo unha maior productividade e rendemento. O 415 pode sacar ata 6.140 litros dunha fonte de auga próxima, mesturada cunha escuma química se se desexa, e arroxala ao lume sen ter que regresar á base para encher os seus tanques. O 415 foi desenvolvido especificamente para proporcionar a capacidade de lanzar grandes cantidades de auga como resposta rápida a un incendio. O avión está construido para que sexa fiable e teña unha vida operacional longa, ao estar feito con materiais resistentes á corrosión.
O primeiro 415 voou o 6 de decembro de 1993 e comezou a ser entregado en novembro de 1994. Pronto lle seguiron pedidos de varios países. En recoñecemento ás súas habilidades nas tarefas de extinción do lume, o avión foi galardoado co prestixioso "Batefuegos de oro".
Dos 76 construídos, sete foron retirados do servizo debido a accidentes.
O avión precisa unha lonxitude de 1.340 onde voar a 15 metros de altitude, e despois poder descender para coller 6.137 litros de auga durante un período de 12 segundo nun percorrido de 410 m sobre a superficie da auga.
Usuarios [editar]
- Ministry of Natural Resources and Wildlife (Quebec) - 8
- Ministry of Natural Resources (Ontario) - 9
- Department of Natural Resources (Newfoundland e Labrador) - 4
- Government Air Services, Manitoba - 4
- Forza aérea croata - 6
- Sécurité Civile - 12
- Forza aérea grega - 8
- Protezione Civile - 15
- Forza aérea española - 3 e 2 pedidos
- Unidade militar de emerxencias (UME) - 2 pedidos
- Los Angeles County Fire Department - aluga 2 de Quebec para usar durante a estación de lumes
- Condado de San Diego - aluga 2 de Quebec para usar durante tres meses, dende o 13 de setembro ao 13 de decembro
- Axencia malasia de vixiáncia marítima - dous 415MP pedidos
- Forza aérea marroquí - 4 (dous pedidos)