Bombón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caixa con diferentes bombóns de chocolate
Bandexa de bombóns.

Un bombón[1] (do francés: bonbon - de bon bo) é un doce pequeno de chocolate que pode estar ou non cheo de licor, crema ou outros ingredientes. Ás veces é tratado coma un fondant ou glasa cun recheo de crema.[2] A produción deste tipo de chocolate é moi importante nalgúns países europeos como Bélxica. A comercialización deste tipo de doces especializouse e pode atoparse a súa distribución nas bombonarías e confeitarías.

Ingredientes[editar | editar a fonte]

Malia posuíren ingredientes en común, os bombóns presentam variacións na súa formulación, coma ção, como consecuencia do desenvolvemento das fórmulas para diferentes produtores[3].

O chocolate xeralmente utilizado, sexa branco, con leite ou amargo, atópase en barras ou libras que poden estar constituídas tanto por chocolates producidos exclusivamente con manteiga de cacao, como con aceites hidroxenados[4]. Ademais, alén do chocolate en si, hai unha gran variedade de recheos, que poden ser cacahuete, améndoa, abelá, castaña de pará, noces, anacardio, leite, licores, froitas secas, caramelo, biscoito, froitas frescas, froitas cristalizadas, manteiga, nata etc.[5][6].

Tipos de recheos[editar | editar a fonte]

Os bombóns presentan unha gran variedade de tipos de recheos. Os principais son: "boiling" (ou fervidos, que inclúen o caramelo, ou butterscotch, e o fudge), "fondants", "croquant" (ou crocantes"), "gianduia", "Mazapán", "Pralinê", "Nougat", "Trufas", "Palets" e "Ganache".[6]

Produción e almacenamento[editar | editar a fonte]

A súa produción cumpre, en xeral, as seguintes etapas: derretemento do chocolate en barra, dosaxe, formación, arrefriamento (solidificación), desformación, embalaxe e almacenamento[7]. En relacións aos equipamentos necesarios, hai unha gran variedade destes, como mesturadores, olas e moldes, por exemplo.

A etapa de almacenamento, polas características intrínsecas do produto, debe protexerse da calor, a luz e a humidade e en lugares sen a presenza de substancias ou produtos afastados da luz ou de produtos que boten cheiro forte, pois o chocolate ten a característica de absober o cheiro externo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego en Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012
  2. Louis Grivetti,Howard-Yana Shapiro, (2009), «Chocolate: History, Culture, and Heritage», Willey, ISBN 978-0-470-12165-8
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014. 
  4. Idéias de Novos Negócios - Fábrica de Produtos de Chocolate Arquivado 14 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (Acceso o 10 de outubro de 2014)
  5. Bombom para dietas especiais: avaliação química e sensorial (Acceso o 10 de outubro de 2014)
  6. 6,0 6,1 Coady, C. estilos de chocolate, In: O Guia do choclate, ed. Livros e Livros, 1998, pp. 23-29
  7. Desenvolvimento do sistema APPCC na produção de bombom de chocolate ao leite com recheio de licor (Acceso o 10 de outubro de 2014)
  8. O armazenamento e a validade de trufas e bombons Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (Acceso o 10 de outubro de 2014)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]