Bolsa de suicidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama dunha bolsa de suicidio.

Unha bolsa de suicidio, chamada tamén bolsa de saída, é un dispositivo que consiste nunha bolsa de plástico cun cordón, utilizado para efectuar suicidios. En xeral, úsase xunto cun gas inerte, como o helio ou o nitróxeno, o que evita o pánico, a sensación de afogamento e a loita, mesmo en estado de inconsciencia (resposta de alarma hipercápnica), causados pola privación de osíxeno en presenza de dióxido de carbono. Tamén fai que o método de suididio sexa difícil de descubrir se a bolsa e a lata de gas son retirados antes de chegar a morte.[1][2][3] É mencionado por primeira vez no libro de Derek Humphry Final Exit (1991), onde é descrito como unha bolsa de plástico resistente e transparente, cunhas dimensións de 22 X 36 polgadas (560 X 910 mm), que se coloca na cabeza e é asegurada "cunha cinta pequena, que se amarra ao redor do colo e se suxeita con velcro nos extremos, ou unha cinta grosa, que se amarra ao redor do colo con velcro cosido nos extremos, ou mesmo [con] lazos que se poidan amarrar con facilidade. Cunha goma elástica grande ou uns pantis ligados ao redor do colo firmemente, pero sen apertar, é suficiente. Non ten que ser completamente hermética".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schön CA, Ketterer T (December 2007). "Asphyxial suicide by inhalation of helium inside a plastic bag". Am J Forensic Med Pathol 28 (4): 364–7. DOI:10.1097/PAF.0b013e31815b4c69. PMID 18043029. 
  2. Auwaerter V, Perdekamp MG, Kempf J, Schmidt U, Weinmann W, Pollak S (August 2007). "Toxicological analysis after asphyxial suicide with helium and a plastic bag". Forensic Sci. Int. 170 (2–3): 139–41. DOI:10.1016/j.forsciint.2007.03.027. PMID 17628370. 
  3. Ogden RD, Wooten RH (September 2002). "Asphyxial suicide with helium and a plastic bag". Am J Forensic Med Pathol 23 (3): 234–7. DOI:10.1097/01.PAF.0000022963.33157.9B. PMID 12198347.