Bolsa de Viena
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 48°12′54″N 16°22′00″E / 48.215°N 16.3666667°E
A Bolsa de Viena (Wiener Börse) é a bolsa de valores de Viena, a maior de Austria e unha das principais de Europa. Foi unha das primeiras bolsas en fundarse: estableceuse en 1771 durante o reinado de María Tareixa de Austria para fornecer un mercado para a negociación de títulos emitidos polo Estado.
O índice bolsista máis importante da Bolsa de Viena é o Austrian Traded Index (ATX).