Bolsa de Ámsterdam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Bolsa de valores de Ámsterdam é o nome orixinal da bolsa de valores situada en Ámsterdam. O 22 de setembro de 2000 fusionouse coa Bolsa de valores de Bruxelas e a Bolsa de París formando Euronext, sendo agora coñecida como Euronext Amsterdam.

[editar] Historia

A Bolsa de valores de Ámsterdam é considerada como a máis antiga do mundo. Foi fundada en 1602 pola compañía holandesa das indias orientais (Verenigde Oostindische Compagnie, ou "VOC") para facer tratos coas súas accións e bonos. Posteriormente foi renomeada como Amsterdam Bourse e foi a primeira en negociar formalmente con activos financeiros.

A Bolsa de Ámsterdam tamén funcionou como mercardo dos produtos coloniais. Publicaba semanalmente un boletín que servía de punto de referencia nas transaccións.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas