Boleslas II
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Boleslas II nun debuxo de Jan Matejko.
Boleslas II de Polonia, nado no 1039 e finado no 1081, foi duque de Polonia (1058-1076) e rei de Polonia (1076-1079).
Traxectoria [editar]
Boleslas era o fillo maior de Casimiro I o Restaurador e de Dobronega María de Kiev, filla do Gran Duke de Kiev Vladimiro I. Foi duque de Polonia entre 1058 e 1076 e o 25 de decembro deste ano foi coroado rei de Polonia. Boleslas foi un aliado do papa Gregorio VII na súa loita contra o emperador, pero tras mandar asasinar a Stanisław Szczepanowski, bispo de Cracovia, foi forzado a exiliarse a Hungría.
| Polonia | ||
|---|---|---|
Segue a: Casimiro I o Restaurador |
Boleslas II | Precede a: Ladislao I Herman |
| Dinastía Piast | ||