Bold & Delicious/Pride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Bold & Delicious/Pride»
sinxelo de Ayumi Hamasaki
do álbum (miss)understood
Lanzamento 30 de novembro de 2005
Formato {{{formato}}}
Gravada 2005
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 29:07
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ayumi Hamasaki
Cronoloxía
«Heaven» «Bold & Delicious/Pride» «Startin'/Born to be...»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Bold & Delicious / Pride é o single nº 38 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 30 de novembro do ano 2005.

Información[editar | editar a fonte]

Este é un dos singles que poden considerarse puntos destacables dentro da carreira de Ayumi Hamasaki, para ben o para mal. Para estas cancións pedíuselle axuda ó produtor europeo Geo, integrante da banda Sweetbox, e el foi quen produciu estas dúas cancións, que orixinalmente eran da súa propia banda. Tamén se incluíron dúas cancións deste produtor no álbum (miss)understood de Hamasaki, e de feito, "Bold & Delicious" foi o seu tema principal. As dúas cancións que compoñen este single teñen un aire bastante americanizado, o que se viu máis marcado nos vídeos xa que ambos vídeos gravados na cidade de Nova York, e teñen un aire bastante urbano. Incluso para o álbum foron incluídas voces dun coro de gospel, o que foi considerado por algúns críticos unha mala opción, xa que en ocasións tapan a mesma voz da cantante principal.

A pesar de debutar no primeiro lugar das listas de Oricon, as vendas deste single baixaron drasticamente o estándar de unidades vendidas pola artista, dende vender normalmente 300 mil copias por single, ata baixar a só 100 mil copias. O “fracaso” deste sinxelo tamén pode entenderse que afectou as vendas de (miss)understood, que foron tamén consideradas baixas comparadas ás dos traballos anteriores. O sinxelo inclúe ademais remesturas das dúas cancións que conformaron o sinxelo anterior.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

CD[editar | editar a fonte]

# Título
1. Bold & Delicious "Original Mix"
2. Pride "Original Mix"
3. HEAVEN "House Mix"
4. Will "Wall5 Remix"
5. Bold & Delicious "Original Mix -Instrumental-"
6. Pride "Original Mix -Instrumental-"

DVD[editar | editar a fonte]

# Título
1. Bold & Delicious (videoclip)
2. Pride (videoclip)

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
30 de novembro de 2005 Oricon Daily Singles Chart #1
30 de novembro de 2005 Oricon Weekly Singles Chart #1 83,708 133,000 7
30 de novembro de 2005 Oricon Monthly Singles Chart #7
30 de novembro de 2005 Oricon Yearly Singles Chart #73