Bojutsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bojutsu (en xaponés: 棒術, Bōjutsu, arte do bastón) é unha arte marcial xaponesa en que se aprenden técnicas de manexo de bastóns e hastas. O uso deses obxectos como instrumentos de defensa ou ataque pérdese o tempo, pois hastas, caxatos, bastóns e semellantes son usados polas persoas coas máis diversas finalidades.[1]

As artes marciais tamén se apropiaron deses obxectos e os transformaron a forma e o emprego, e hai rexistro de moitas modalidades de combate con bastón por todo o Oriente. No Xapón, e no vello Reino de Ryukyu, desenvolvéronse varios estilos de bōjutsu. No Xapón, a arte está relacionada ao adestramento dos samurais. En Ryukyu, hoxe Okinawa, a súa práctica é feita nas escolas de Kobudo e está relacionada a algúns estilos de karate.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Koryu Weapons Training" (en inglés). http://www.koryuconditioning.com/Page_5.html. Consultado o 12 de marzo de 2014.
  2. "Bojutsu. A arte do bastão" (en portugués). Instituto Niten. http://www.niten.org.br/penaespada/penaartigos/bojutsu.htm. Consultado o 12 de marzo de 2014.
  3. Carlos José Martins; Cláudia Kanashiro. "Bujutsu, Budô, esportes de luta" (en portugués) (PDF). Universidade Estadual Paulista. http://www.scielo.br/pdf/motriz/v16n3/a11v16n3. Consultado o 12 de marzo de 2014.