Bojan Adamič

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bojan Adamič en 1960.

Bojan Adamič, nado en Ribnica o 9 de agosto de 1912 e finado en Liubliana o 3 de novembro de 1995, foi un compositor de música para filmes esloveno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gradouse no Conservatorio de Liubliana e aínda que tiña en mente dedicarse ó jazz derivou a súa carreira cara ó cine. Realizou as bandas sonoras de máis de 200 filmes da antiga Iugoslavia e do estranxeiro, tamén participou como actor en 2 filmes. En 1971 publicou un libro de cancións eslovenas, Samospevi, 1943-1945, foi tamén o director da Orquestra da Radio Televisión Eslovena.