Bobby Hutton
Bobby Hutton, tamén chamado "Lil' Bobby" (Pequeno Bobby), foi o primeiro membro do Partido Pantera Negra tras a súa fundación en 1966. Tiña daquela só quince anos.
Asasinato [editar]
O 7 de abril de 1968 será asasinado pola policía de Oakland nun tiroteo. Oito panteras negras, entre os que se atopaban tamén David Hilliard e Elridge Cleaver foron emboscados pola policía. Cleaver e Hutton conseguiron refuxiarse nun soto que axiña foi rodeado pola policía. Cando lles tiraron un bote de fume accederon a rendirse. Cleaver estaba ferido nunha perna e non podía camiñar, así que aconsellou a Hutton que se espise para demostrar que non levaba armas ocultas e saise. Hutton só retirou a camiseta e en canto saiu coas maos en alto recibiu doce impactos de bala que lle provocaron a morte inmediata. Cleaver, que o seguía a certa distancia, foi ferido novamente. A policía de Oakland disputa esta versión dos feitos.
Curiosidades [editar]
- Marlon Brando asistiu ao seu funeral.
- Déuselle oficialmente o seu nome a un parque en Oakland, California.
- O álbum "Together" de Country Joe and the Fish está dedicado a el.
- Aparece citado na canción "Ghetto Hospel" de Tupac Shakur.