Bob Avakian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBob Avakian
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , activista pola paz , escritor , autobiógrafo , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Revolucionario
Peace and Freedom Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webthebobavakianinstitute.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm13281982 Facebook: Bob-Avakian-pfbid02pnHUpG52dyDmoQRNZfTtVRC4An1R2CdEVAF4aPvdtqa2LGwEBn3BWeRcnG6NTnvXl Editar o valor em Wikidata

Robert Bruce Avakian, chamado Bob Avakian, nado o 7 de marzo de 1943 na cidade de Washington, é un político estadounidense, líder do principal grupo maoísta dos Estados Unidos, o Partido Comunista Revolucionario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto de emigrantes armenios que chegaran aos Estados Unidos para traballar no campo, o pai era xuíz de condado en Alameda. Educouse en Berkeley (California) e alí entrou en contacto con grupos da esquerda e participou en protestas estudantís, dirixidas por Mario Savio, que tiñan como obxectivo obrigar a Universidade a recoñecer a liberdade de expresión. Avakian converteuse no voceiro na área de San Francisco do Partido Paz e Liberdade e asemade apoiaba activamente os Panteras Negras. En 1975 participou na creación do Partido Comunista Revolucionario (PCR). Cando Deng Xiaoping visitou os Estados Unidos, Avakian dirixiu as protestas en Washington contra a visita. Por enfrontamentos coa policía na protesta, el e os outros membros do seu grupo foron xulgados e condenados a un total de 241 anos de cárcere. Para evitar ir a prisión marchou a París en 1981. No entanto, todas as acusacións contra el foron completamente retiradas en 1982.

Desde 1979 Avakian é o presidente do comité central do Partido Comunista Revolucionario, e continúa a selo en 2018.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Preaching From a Pulpit of Bones
  • Democracy: Can't We Do Better Than That?
  • A Horrible End, or an End to the Horror?
  • Could We Really Win?
  • Phony Communism is Dead; Long Live Real Communism
  • The Immortal Contributions of Mao Tse-Tung
  • Bullets From the Writings Speeches and Interviews of Bob Avakian (Little Silver Book)
  • For a Harvest of Dragons - A collection of essays.
  • From Ike to Mao and Beyond: My Journey from Mainstream America to Revolutionary Communist ISBN 0-9760236-2-8
  • Observations on Art and Culture, Science and Philosophy
  • Marxism and the Call of the Future: Conversations on Ethics, History, and Politics