Boado, Xinzo de Limia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boado
ConcelloXinzo de Limia[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°04′00″N 7°40′59″O / 42.06655611, -7.68303496Coordenadas: 42°04′00″N 7°40′59″O / 42.06655611, -7.68303496
Poboación104 hab. (2022)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Boado é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. No ano 2022 tiña 104 habitantes, dos cales 49 eran homes e 55 mulleres.[2]

Economía[editar | editar a fonte]

As súas actividades económicas principais son a gandería (vacún), a agricultura (trigo, pataca e produtos da horta). Tamén hai outros servizos como a fontanería, mecánica, e sector servizos.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Hai varias teorías sobre a orixe do topónimo Boado. Pode provir da palabra céltica bed/bud, que significaba "auga parada, charca, fonte", pola súa proximidade á Lagoa de Antela. Tamén é posible que proveña do árabe ouadi ("río"), ou do latín uadum ("fonte"), dado o feito de que en Boado existen máis de vinte fontes.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Boado entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[2]

Festas[editar | editar a fonte]

O patrón da parroquia é San Pedro, que se celebra a última fin de semana do mes de xuño, mais tamén se celebran misas e festas por Ramos, polo magosto e polo Entroido.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Boado[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Boado no concello de Xinzo de Limia (Ourense)

Boado | Porto Alto

Parroquias de Xinzo de Limia[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xinzo de Limia

Boado (San Pedro) | Cima de Ribeira (San Miguel) | Damil (San Salvador) | Faramontaos (San Salvador) | Ganade (San Bartolomeu) | Gudín (San Miguel) | Guntimil (San Xoán) | Lamas (Santa María) | Laroá (Santa María) | Moreiras (San Tomé) | Morgade (San Tomé) | Mosteiro de Ribeira (Santa María) | Novás (San Nicolao) | Parada de Ribeira (San Salvador) | A Pena (San Pedro) | Piñeira Seca (Santo André) | San Pedro de Laroá (San Pedro) | Seoane de Oleiros (San Xoán) | Solbeira de Limia (San Pedro) | Xinzo de Limia (Santa Mariña)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]