Blumenau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Município de Blumenau
Blumenau bandeira.jpg Blumenau brasão.jpg
Estado Santa Catarina
Superficie 510 km²
Poboación
Densidade
304 162 (2007)
574,4 hab./km²
Fundación 2 de setembro de 1850
Latitude 26°55' S
Lonxitude 49°03' O
Altitude 21 msnm
Distancia de Florianópolis 160 Km
Código postal (CEP) 89000-000
Administración local Prefeitura Municipal de Blumenau - Praça Victor Konder, 2 - Centro
Alcalde (Prefeito) João Paulo Kleinübing
Internet http://www.blumenau.sc.gov.br/
E-mail gabext@blumenau.sc.gov.br
Mapa da cidade en Santa Catarina
SantaCatarina Municip Blumenau.svg


Blumenau é unha cidade brasileira situada no Estado de Santa Catarina, localizada no medio val do río Itajaí-Açu, que é o principal río da rexión. Blumenau fai divisas coas cidades de Jaraguá do Sul, Pomerode, Indaial e Gaspar.

Foi fundada en 1850 polo médico alemán Hermann Bruno Otto Blumenau, de aí a orixe de seu nome. O doutor Blumenau chegou á rexión nun barco veleiro acompañado doutros 17 colonos alemáns o 2 de setembro de 1850.

Vista da cidade de Blumenau.

Hoxe o municipio é famoso por manter os costumes xermánicos dos seus colonizadores. Tanto o turismo histórico como o ecoturismo son atractivos da cidade. A súa principal actividade económica continúa a ser a industria téxtil, responsábel por industrias de grande porte como a Cia. Hering, a Karsten, e a Teka. Non obstante, a cidade debe tornarse un pólo de informática, con algunhas empresas xa actuando nese ramo. Outro mercado en expansión é a produción de cervexas artesanais, como a marca Eisenbahn.

Oktoberfest[editar | editar a fonte]

En outubro de 1984, case un despois de a cidade ter sido devastada por unha inundación debido ao transbordamento do río Itajaí-Açu, o entón alcalde decidiu facer unha grande festa para apagar a tristeza e o desánimo que aínda estaban presentes na poboación. Grazas á forte presenza de descendentes dos colonos alemáns, decidiuse bautizar a festa de Oktoberfest, nome dunha festa que ocorre na cidade alemá de Múnic no mes de outubro.

A festa pasou a repetirse todos os anos no mes de outubro, tornándose unha tradición que atrae turistas para ver danzas folclóricas alemás e beber cervexa e asistir concursos como o da Raiña da Oktoberfest ou o campionato de bebida de chopp de metro (gaña ese último quen beber máis rápido unha cantidade de cervexa contida nun tubo de 1 metro de comprimento). Hoxe a festa de Blumenau é a segunda máis grande Oktoberfest do mundo, despois de Múnic.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Blumenau