Blue Jeans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blue Jeans
OrixeGondomar, Galicia Galicia
Período2007 - 2012
Xénero(s)Pop rock, Pop punk
MembrosDavid Alonso (guitarra e voz)
Adrián Barreiro (guitarra e voz)
Antigos membrosGonzalo Cabaleiro (baixo)
Adrián Rodríguez (batería)
Bladimir Costas (baixo)
Andrés García (batería)
Na rede
Facebook: grupobluejeans Twitter: grupobluejeans MySpace: bluejeans99 Editar o valor em Wikidata

Blue Jeans foi unha banda galega de pop rock fundada no ano 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 2008 gravaron a súa primeira maqueta Las palabras se las lleva el viento, coa que se lle abriu o camiño para tocar en salas e pubs da comarca e soar en varias radios locais. En 2009 presentaron a segunda maqueta Esto es Blue Jeans, con este traballo conseguiron tocar en varios festivais con grupos de sona, así como tocar antes de Iván Ferreiro[1], Zenttric ou NoWayOut[2]. Neste mesmo ano foron seleccionados na sección de mellor maqueta no concurso Maketón Estrella Galicia de Los 40 Principales. En 2012 saíu á venda o seu primeiro disco Estereotipos cos seus videoclips de presentación "Despierta" e "Tuentichat", neste mesmo ano foron uns dos gañadores do certame Novos Valores Cidade de Vigo organizado polo colectivo Malaherba. En 2013 foron de novo seleccionados á mellor maqueta no concurso Maketón[3].

Son uns dos grupos referentes na movida viguesa do século XXI.[4][5] 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jorge Lamas. "Iván Ferreiro juega en casa". Consultado o 24/01/2015. 
  2. Jorge Lamas. "No Way Out regresa a Galicia tras aportar un tema a la película «Luna nueva»". Consultado o 24/01/2015. 
  3. Ágatha De Santos. "Los responsables de los Maketón de la Música anuncian cambios en los premios". Consultado o 24/01/2015. 
  4. Iris Domato/Rafael Silva. "La fábrica de sueños". Consultado o 24/01/2015. 
  5. Mar Mato. "La movida viguesa del siglo XXI". Consultado o 24/01/2015.