Blood Filloas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blood Filloas
OrixeFerrol, Galiza
Período1992 - 1997
Xénero(s)indie rock
MembrosFernando Cabalo
Victor Álvarez
Anxo García Saavedra
Daniel Alonso
Na rede
Facebook da banda
Facebook: bloodfilloas Musicbrainz: df6f4643-c8a3-4571-a4e9-47bf8837d3f2 Discogs: 2487620 Editar o valor em Wikidata

Blood Filloas foi un grupo de indie rock de Ferrol. Foi dos poucos grupos na escena penínsular en cultivar dito estilo. Aínda que cantaban a maioría dos seus tema en inglés, a raíz das súas aparicións en diversas escenas da vida cultural e artística galega, como o Xabarín Club, estiveron ligados ó denominado movemento bravú. Entre as súas influencias estaban grupos como The Clash, Redd Kross, Hüsker Dü, Nirvana, The Posies, Undertones, Fuzztones, The Sonics, Wreckless Eric, Buzzcocks, Blondie ou Parasites.

Historia[editar | editar a fonte]

O xermolo do grupo ten lugar no salón de actos do colexo público A Xunqueira de San Valentín (Fene), onde actúan Los Hijos Espurios de Riveira Arnoso (antigo alcalde de Fene -BNG-). Os compoñentes eran Daniel Alonso (voz), Fernando Cabalo (guitarra), Carlos Reina (baixo) e Alberto Alonso (batería).

O 30 de maio de 1992 toca o primeiro embrión da banda nos Encontros de Primavera - Letras Galegas 92, no concello de Culleredo. Dani (voz e batería), Fernando (guitarra) e Óscar (baixo) fan versións de The Sonics, The Clash, Siniestro total, Nirvana e Andrés do Barro. A formación chamábase Deep Sound. Tocarían outra vez co antedito nome o 13 de xuño no Seixo (Ferrolterra)

O 19 de febreiro de 1993 tocan no concurso A Mocidade coa Lingua, cun premio de 7500 pesetas, xa como Blood Filloas. O cambio de nome debeuse á entrada dun novo compoñente, Toni á batería. Ante unhas 200 persoas interpretaron o seu repertorio habitual, máis algún tema novo, pero cunha característica peculiar, todo en galego; así, "The Sunshinne of your Love" convertíase en "Corta o pelo Landrú". Gañaron o premio e quedaron clasificados para Ferrol.

O 8 de maio tocan na Praza Vermella de Cedeira xunto a Slot, Amadeus e Os Maruxa. O 11 de xuño é a final do concurso promovido dende os Institutos de Bacharelato da comarca, A Mocidade coa Lingua, na Praza de Amboage de Ferrol. Tocaron os temas "Corta o pelo Landrú" e "You Know" (¡Mais o que ben quixo un día!) adaptando un poema de Rosalía de Castro. Gañaron o premio, 30.000 pesetas, e deixaron o instituto.

O 19 dese mesmo mes actúan no Casino de Fene como abreconcertos da Orquesta Los Capris, acompañados por Danny Abeledo ós teclados e Alberto Malpaso á harmónica. O 25 de xuño tocan no Pub Queliceros de Ferrol, e o 13 de agosto na praza do concello de Fene.

O 8 de outubro tocan na discopub Bristol de Ferrol, tendo como abreconcertos a El álamo. Tres temas marcan aquela actuación e seu estilo posterior como banda: "I need you" de The Kinks, "Psycho" de The Sonics, e "Corre corre" de Los Salvajes. Repiten nesa sala o 21 de novembro, desta volta con Escuadrón diabólico, Torniquete menstrual, Blind river e Tender Trap.

O 10 de decembro compoñen e gravan a sintonía do programa musical Gorevisión (TV Narón), que comeza a súa emisión o 30 dese mes. Nese programa emítese a primeira actuación de Victor Álvarez coa banda, sendo un punto de inflexión na busca dunha identidade musical para a mesma. Así, co cambio de ano, Víctor substitúe a Óscar no baixo, e Nicolás Lage fai o propio relevando a Toni na batería.

O día 10 de xaneiro editan a súaa primeira maqueta, Blood Filloas. Gravada no local de ensaio da Carricoa, en San Xoán de Filgueira (Ferrol). Incluía os temas "I´m calling you ", "Are you crazy", "Asian girl", "Harvey Captain Theme", She´s cool", "Targets!" e "Gorevision". Nesa época Txiki Calvo (presentador do programa musical Gorevisión) convértese en representante da banda.

Son incluídos coa primeira maqueta na lista do programa Disco Grande, de Radio 3.

O 13 de outubro emítese o último programa de Gorevisión. O 15 de decembro editan a súa segunda maqueta: Science Fiction. Gravada e mesturada por Marcos Sedes e a propia banda en Pop Corn (Ferrol), e con portada deseñada por Ángela Arias. Incluía os temas "Capitain Harvey", "Are you crazy?", "Asian girl", "She is cool", "Targets!" e "Kill someone you want".

O 28 de xaneiro de 1995 Anxo García "Pulpo" entra como batería, xa definitivo. O 20 de abril chegan á final do concurso do Bar "Nirvana" de Madrid, entre 400 grupos. O 29 de abril gravan o seu primeiro sinxelo, Blandi-Blood, nos Estudios Fussion (Vigo), para Toxic Records, selo propiedade de Billy King, membro de Killer Barbies.

O 12 de maio gravan dous temas en son pregravado para o programa da TVG Clipmanía: "She is cool" e "My Cake". O 17 de xuño, tamén nos Estudos Fussion de Vigo, gravan o tema "Superheroe" para o Xabarín Club. O 1 de xullo gañan o concurso do Bar Planta Baixa de Vigo. O premio era a gravación dun LP. En agosto fan a súa primeira xira, que os leva por Valencia, Alacant, Albacete e Murcia. O 24 de setembro foron abreconcertos da banda dos Ánxeles White Flag en Ferrol, e o día 28 á banda de Seattle The Posies en Vigo. O 11 de novembro comeza a emitirse o videoclip do tema "Superheroe", incluído no recompilatorio A cantar con Xabarín. O 9 de xaneiro de 1996 actúan no Ferrol con Los Limones no espectáculo itinerante do Xabarín Club. Nese mesmo mes o fanzine Subterfuge edítalles un sinxelo de vinilo, compartido co grupo Frogger. Tamén nese mes gravan unha versión do clásico "Mack the Knife" para a BSO da curtametraxe The End, debut en 35 mm e terceira colaboración co tamén ferrolán Carlos Alberto Alonso.

A súa canción "Asian Girl", na que colabora Silvia Superstar, aparece na BSO de Killer Barbies, película de Jess Franco. Editan o seu primeiro CD, Toys are us, con "Subterfuge Records", producido por Fernando Pardo (membro de Sex Museum e como parte do premio do concurso de Planta Baixa. Realizan a función de abreconcertos dos australianos DM3 na xira que os levou por Madrid, Ourense, Vigo, León, Valencia, Castelló, St. Ettiene (Francia), Lión (Francia), Bordeos (Francia) e Bilbao.

En 1997 seguen coa xira do Toys are us, tocando por Galiza e saíndo a Madrid, León e Alcalá de Henares. Realizan a xira "Xeración Xabarín" canda Os Rastreros e O Caimán do río Tea.

Deron o seu último concerto en 1998 en Limodre, Fene.

No 2023 reuníronse outra vez para actuar no 25 aniversario do Felicia Pop Festival.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Blandi Blood EP (1995).

  1. "Teenage Tales"
  2. "My cake"
  3. "Dreaming"

Blood Filloas vs Frogger (1995).

  1. "She is cool"
  2. "Target"

Toy are us (1996).

  1. "Stuck up"
  2. "Squeezed out Rose"
  3. "Succes"
  4. "Green kross"
  5. "Aliens from Mars"
  6. "Asian girl"
  7. "My cake"
  8. "Superheroe"

Concertos[editar | editar a fonte]

Data Localidade Lugar Notas
1993
19 de Febreiro Fene Local Social Barallobre
08 de Maio Cedeira Praza Roxa
11 de Xuño Ferrol Praza de Amboage
16 de Xuño Fene Casino de Fene (Piscina)
?????? Fene Pub Den
25 de Xuño Ferrol Pub Queliceros
13 de Agosto Fene Praza do Concello
08 de Outubro Ferrol Bristol
21 de Novembro Ferrol Bristol
30 de Decembro Ferrol Gorevisión
1994
15 de Abril Ferrol Kristtal
?????? Vigo La Iguana
1995
20 de Abril Madrid Nirvana Bar
12 de Maio Santiago de Compostela Clipmania
17 de Xuño Vigo Planta Baixa
01 de Xullo Vigo Planta Baixa
26 de Xullo Pontedeume Via Pública
30 de Xullo Ferrol Plaza de Amboage
25 de Agosto Alcoy La Morera
26 de Agosto Almansa Piscina Municipal
24 de Setembro Ferrol Kristtal
28 de Setembro Vigo La Iguana Club
30 de Setembro Valdoviño Playa de Pantín
10 de Novembro Fene Pub Den
16 de Novembro Valencia Besame Mucho
17 de Novembro Yecla Betty Boo
18 de Novembro Xàbia Quatre Vents
19 de Novembro Almansa Codigo de barras
09 de Decembro Vigo Malasaña bar
21 de Decembro Ferrol Escuela Politecnica
28 de Decembro Almansa Codigo de barras
29 de Decembro Albacete Guitar Club
1996
09 de Xaneiro Narón Polideportivo Naron
13 de Xaneiro Vigo La Iguana Club Presentación single
24 de Febreiro Narón Tres D
08 de Marzo Ferrol Kristtal + Frogger
09 de Marzo Vigo Planta Baixa + Frogger
26 de Abril A Coruña Playa Club + Los Enemigos
17 de Maio Ferrol Histeria + Tit Lickers
31 de Maio Ferrol Instituto Montojo
12 de Xullo Almansa Codigo de barras
13 de Xullo Yecla Betty Boo
02 de Agosto Oia Campo de Futbol de Mougas
11 de Agosto Arzua Plaza del ayuntamiento
17 de Agosto Valdoviño Playa de Pantín
19 de Setembro Madrid El Sol + DM3
20 de Setembro Ourense Salamandra + DM3
21 de Setembro Vigo La Iguana Club + DM3
22 de Setembro León Platón + DM3
24 de Setembro Burgos Taquería Sonora + DM3
26 de Setembro Valencia Roxy + DM3
28 de Setembro Yecla Jumbo + DM3
29 de Setembro Castellón Ricoamor + DM3
30 de Setembro Saint-Genest-Malifaux Ravarine + DM3
01 de Outubro Lyon Le Monde a L'envers + DM3
03 de Outubro Bordeos New Jimmy + DM3
05 de Outubro Bilbao Kafe Antzokia + DM3
22 de Novembro Ferrol Kallejon + Fee Sorry
27 de Novembro Cambados Alen Rock
1997
27 de Febreiro Ferrol A Santa Compaña
06 de Marzo Madrid Trilobyte
07 de Marzo Alcala de Henares Bar Motorfinger + Cowheads
20 de Marzo Santiago de Compostela Sala Nasa + Rastreros / O Caimán do Río Tea
26 de Marzo Bembibre, León Colorete + Os Papaqueixos
19 de Abril Ferrol A Santa Compaña
24 de Abril Pontevedra Fiesta Universitaria + Os Papaqueixos
25 de Abril Ponteareas Ue!
26 de Abril Baiona Marrucho
30 de Abril O Barco de Valdeorras De Cine
06 de Xullo Illa de Arousa Festival
24 de Xullo Monforte La Movida
25 de Xullo Viveiro Blue Note
1998
20 de Febreiro Fene Local Social Limodre
2023
5 de Agosto Fene Parque da Hortiña Felicia Pop Festival