Blantyre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Blantyre en Malaui

Blantyre é a cidade máis poboada do Malawi. Á beira do río Shire, cerca de Zomba, é o centro administrativo do distrito de Blantyre e da rexión meridional, e principal centro comercial e industrial, desde o que se canaliza o comercio e o transporte das terras altas do Shire. É sede dun palacio presidencial, o palacio Sankija, e do Tribunal Superior de Apelación, conta con varias escolas técnicas e coa Universidade de Malaui (1964). Na zona cultívase fundamentalmente tabaco, maínzo, trigo, café, e tung do que se extrae aceite.

A cidade, situada nas coordenadas 15°40′S 34°58′E / 15.667°S 34.967°E / -15.667; 34.967, ten unha poboación de 732.518 habitantes (2008).

Foi fundada en 1876 por misioneiros escoceses, e bautizada co nome da cidade natal do explorador escocés David Livingstone. Blantyre converteuse en municipio en 1895 e en 1956 uniuse ao de Limbe para formar o municipio de Blantyre-Limbe. En 1966 adquiriu a categoría de cidade.