Black Elk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Black Elk
Black Elk
Black Elk coa súa muller e filla, arredor de 1890-1910
Nacemento: decembro de 1863
Little Powder River, Wyoming
Falecemento: 19 de agosto de 1950 (87 anos)
Pine Ridge, Dakota do Sur

Heȟáka Sápa (Black Elk) (en galego Alce Negro), nado en decembro de 1863 e finado o 19 de agosto de 1950[1] foi un famoso Wičháša Wakȟáŋ (médico ou home santo) dos Oglala Lakota (Sioux). Foi un Heyoka e primo segundo de Crazy Horse.

Con 12 anos participou na batalla de Little Big Horn de 1876, e foi ferido na Masacre de Wounded Knee en 1890. Black Elk casou coa súa primeira muller, Katie War Bonnett, en 1892. Ela converteuse ó catolicismo e os seus tres fillos foron bautizados. Despois da morte da súa esposa en 1903, Black Elk tamén foi bautizado, tomando o nome de Nicholas Black Elk, e continuando como líder espiritual da tribo, xa que el no vía contradición entre as tradicións tribais e o cristianismo.

En 1905 volveu casar, cunha viúva con dúas fillas de nome Anna Brings White, e coa que tivo tres fillos máis. permanecendo con ela ata que morreu en 1941.

Cara a fin da súa vida, Black Elk contou a historia da súa vida e un bo número de rituais sagrados Sioux a John Neihardt e a Joseph Epes Brown para que fose publicado. As súas narracións obtiveron un considerable interese por parte do público.

Índice

[editar] Libros

Libros de Black Elk
Libros sobre Black Elk

[editar] Notas

  1. Sources difer

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas