Bispectral IR Detector

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bispectral IR Detector (BIRD)
Tipo Observación terrestre
Contratistas principais DLR
Data de lanzamento 22 de outubro de 2001, 4:53 GMT[1][2][3]
Foguete portador PSVL[2][4]
Sitio de lanzamento Sriharikota[2][3][4]
Obxectivo da misión Estudio dos recursos terrestres e demostrador tecnolóxico.[2][4][3]
NSSDC ID 2001-049C
Masa 94 kg[2][4][5]
Semieixo maior 6892,6 km[1]
Inclinación 97,9 graos[1]
Apoapse 532,5 km[1]
Periapse 510,8 km[1]

BIRD, acrónimo de Bispectral InfraRed Detector, é un satélite artificial alemán lanzado o 22 de outubro de 2001 mediante un foguete indio PSLV desde o complexo de lanzamento de Sriharikota.[5][4][1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de BIRD, de 94 kg de masa, é servir de demostrador tecnolóxico para sensores de teledetección e realizar observacións da superficie terrestre coa finalidade de observar incendios forestais e cambios na vexetación.[3][5][2][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

BIRD leva dous instrumentos a bordo:[4]

  • HSRS (Hot SPOT Recognition Sensor system): un sensor infravermello de dous canais para a observación da superficie terrestre.
  • WAOSS-B (Wide-Angle Optoelectronic Stereo Scanner): unha cámara estereográfica de gran angular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "BIRD 2" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=26959. Consultado o 6 de maio de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "BIRD 2" (en inglés). 20 de abril de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2001-049C. Consultado o 6 de maio de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 (PDF) Note verbale dated 8 July 2003 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 10 de xullo de 2003. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1231.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "BIRD 1" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/bird-1.htm. Consultado o 5 de maio de 2012.
  5. 5,0 5,1 5,2 "BIRD" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/bird.htm. Consultado o 6 de maio de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]