Bisonte das estepas
| Bisonte das estepas | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Bison priscus Bojanus, 1827 |
||||||||||||
O bisonte das estepas (Bison priscus),[1] foi unha especie de bisonte, hoxe extinta, que habitou en gran parte de Europa,[2] Asia Central,[3] Rusia, Manchuria e Norteamérica [4] durante o Plistoceno. É probábel que evolucionara orixinalmente en Asia, ao igual que moitos bóvidos actuais e outros elementos da fauna da última glaciación cos que compartiu hábitat.
Os bisontes das estepas eran animais similares aos actuais bisontes europeos, pero moito máis grandes e robustos, de cornos moito máis longos, e adaptados á vida en espazos abertos como as estepas e os límites da tundra.
As súas relacions coas especies de bisontes actuais non están totalmente claras, aínda que tende a asumirse que a especie deu orixe ao actual bisonte europeo a comezos do Holoceno a partir de formas menores como Bison priscus mediator, que se adaptaron ao novo medio máis cálido e boscoso que empezaba a substituir á tundra-estepa glacial en Europa. As subespecies xigantes de Asia e Norteamérica, como Bison priscus gigas, desapareceron sen descendencia ou deron lugar ao actual bisonte americano (Bison bison).[5]
En 1979 desenterrouse en Alasca o corpo conxelado dun macho de bisonte das estepas ao que se alcumou Blue Babe debido á cor azulada que tomara a súa carne durante o proceso (e porque, no folclore estadounidense, Blue Babe é un xigantesco touro azul, mascota do leñador Paul Bunyan). O animal presentaba evidencias de que fora cazado por un pequeno grupo de leóns americanios (Panthera leo atrox) [6] que o deberon abandonar poucas horas despois debido a que o cadáver comezara a conxelarse rapidamente (probabelmente, debido á caída da noite). Posteriormente chegou outro león que rompeu un dente ao intentar morder o corpo conxelado. Os científicos da Universidade de Alaska que encontraron a Blue Babe tiveron a ocasión de probar a súa carne e acharon que se preservara de forma aceptábel, con só un lixeiro sabor a terra.[7]
Existen evidencias de que, ademais do león, o home primitivo era un cazador habitual desta especie.
Os bisontes das estepas aparecen frecuentemente representados en pinturas rupestres de Francia e España, como nas das covas de Lascaux, Villairs, Font de Gaume e, especialmente, na de Altamira.[8]
Notas [editar]
- ↑ Steppe Bison - Yukon Beringia Interpretive Centre
- ↑ Вестник Кирилло-Белозерского музея 9 (Май 2006) О. Яшина, Т.В. Цветкова - Кирилловский бизон
- ↑ S.K. Vasiliev. Late pleistocene bison (Bison p. priscus Bojanis, 1827) from the Southeastern part of Western Siberia
- ↑ Zazula, Grant D.; MacKay, Glen; Andrews, Thomas D.; Shapiro, Beth; Letts, Brandon; Broc, Fiona. A late Pleistocene steppe bison (Bison priscus) partial carcass from Tsiigehtchic, Northwest Territories, Canada. DOI:10.1016/j.quascirev.2009.06.012. http://www.sciencedirect.com/science/article/B6VBC-4WRD6BK-1/2/7cfc13ccb81e9a0877cfd4195fc74314.
- ↑ Edward L. C. Verkaar, Isaäc J. Nijman, Maurice Beeke, Eline Hanekamp and Johannes A. Lenstra. Maternal and Paternal Lineages in Cross-Breeding Bovine Species. Has Wisent a Hybrid Origin?
- ↑ Subespecie extinta do verdadeiro león, Panthera leo, non confundir co chamado ás veces león americano, o puma (Puma concolor).
- ↑ http://books.google.dk/books?id=8ikKezOKRB4C&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false
- ↑ http://mbe.oxfordjournals.org/content/21/7/1165.long