Birgitta Haukdal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Birgitta
Nome completoBirgitta Haukdal Brynjasdóttir
Data nacemento28 de xullo de 1979 (44 anos)
Nado enHúsavík, Islandia Islandia
OcupaciónCantante
XéneroPop
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo1999 - Actualidade
Na rede
IMDB: nm1486825 Spotify: 1O3sO8IS9U6jkX4AdEza4A Musicbrainz: 7384fdfd-1a93-4315-a61d-3fa25dfb8af7 Discogs: 1093214 Deezer: 4387107 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Birgitta Haukdal Brynjasdóttir, máis coñecida como Birgitta, é unha cantante islandesa. É coñecida internacionalmente por representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2003 coa canción "Open your heart".

En 2003, Birgitta conseguiu a vitoria na preselección nacional do seu país para participar en Eurovisión coa canción "Segðu mér allt" ("Dimo todo").[1] No Festival de Eurovisión 2003 celebrado en Riga alcanzou a oitava posición coa versión en inglés do devandito tema, "Open your heart" ("Abre o teu corazón").[2]

A comezos de ano, participou no Söngvakeppni Sjónvarpsins de 2006 (a preselección nacional islandesa para participar en Eurovisión) coa canción "Mynd Af Þér" ("Unha imaxe de ti"). Non obstante, non puido conseguir o billete para representar a Islandia en Atenas.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Selección islandesa 2003
  2. "Festival de Eurovisión 2003". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2013.