Birger Sjöberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Birger Sjöberg [1]
Birger Sjöberg [1]
Nacemento: 6 de decembro de 1885
Vänersborg
Falecemento: 30 de abril de 1929
Växjö
Nacionalidade: Sueco
Ocupación: Poeta, novelista, compositor

Birger Sjöberg, nado en Vänersborg o 6 de decembro de 1885 e finado en Växjö o 30 de abril de 1929 , foi un poeta sueco, así como novelista e músico, sendo as súas obras máis coñecidas a colección de cancións Fridas Bok (O libro de Frida) e a novela Kvartetten Som Sprängdes (O cuarteto que se separou).[2]

Orixinalmente xornalista, Sjöberg escribía cancións no seu tempo libre. Debutou como escritor serio coa publicación en 1922 de Fridas Bok, que tivo éxito entre o público como a crítica. Tras un serie e xiras de concertos, afastouse da vida pública e centrouse na escrita. [2]

Tras a súa morte en 1929, publicáronse novas canción e poemas de Sjöberg.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Prosa e poesía de Birger Sjöberg: [1]

  • Fridas Bok (O libro de Frida) 1922
  • Kvartetten Som Sprängdes (O cuarteo que se separou) 1924
  • Kriser Och Kransar (Crises e coroas de loureiro) 1926
  • Fridas Andra Bok (O segundo libro de Frida) 1929
  • Minnen Från Jorden (Memorias da Terra) 1940

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Birger Sjöberg
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Birger Sjöberg

Ficheiros MIDI e PDF

Fotos

En sueco

En inglés

Traducións ao inglés

Vídeos