Birds, Beasts, and Relatives
| Birds, Beasts, and Relatives | ||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||
|
Birds, Beasts, and Relatives ("Paxaros, bestas e similares") é unha novela autobiográfica do naturalista Gerald Durrell, escrita en 1968 e publicada en 1969. Conta as súas vivencias na illa grega de Corfú na súa infancia, entre 1935 e 1939. Describe a vida da familia Durrell na illa dun xeito humorístico, ao tempo que fala da fauna da rexión. É a segunda parte da súa triloxía de Corfú, iniciada con My Family and Other Animals (1956) e completada con The Garden of the Gods (1978).
Trama [editar]
As historias relatadas no libro non teñen lugar en orde cronolóxica, e nalgúns casos son semi-ficticias. Por exemplo, o irmán maior de Gerald (o novelista Lawrence Durrell)- non vivía co resto da familia, senón por separado coa súa muller Nancy, que non é mencionada nos libros.
Entre outros personaxes mencionados, aparece a súa nai viúva, o seu irmán Leslie, a súa irmá Margo, e Roger o can. A familia é protexida por Spiro, o seu amigo da illa, e axudada polo doutor Theodore Stephanides, que axuda a Gerald coa súa formación en historia natural.
O libro presenta personaxes novos que non aparecen en My Family and Other Animals. Gerald fai unha viaxe a Londres coa súa nai, para visitar a Margo, que fora temporalmente alí por razóns médicas. Larry trae un novo grupo de amigos excéntricos ao fogar familiar, e a familia é convidada a unha voda nunha aldea, e Gerry presencia o nacemento do primeiro bebé da noiva. Gerry visita a un vello conde, que o agasalla con moucho tras darlle unha comida suntuosa. Despois faise amigo dun xitano que ten un oso bailarín. Finalmente, a familia visita unha ádega ao norte da illa.