Biosatellite 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biosatellite 1
TipoBiolóxico
Data de lanzamento14 de decembro de 1966, 19:20 GMT[1][2][3]
Foguete portadorDelta G[2][4][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][3][4]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Decaemento15 de febreiro de 1967[1]
NSSDC ID1966-114A
Masa950 kg[2][4][6]

Biosatellite 1, tamén coñecido abreviadamente como Biosat 1 e como Biosatellite A, foi un satélite artificial non tripulado dos Estados Unidos pertencente ó programa Biosatellite para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 14 de decembro de 1966 mediante un foguete Delta G desde o complexo de lanzamento 17A do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Biosatellite 1 foi o primeiro da serie de satélites Biosatellite. Foi lanzado nunha órbita inicial de 296 km de perixeo, 309 km de apoxeo e 33,5 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.[3][6]

Biosatellite 1 levaba a bordo diversos espécimes para o estudo dos efectos do contorno espacial nos procesos biolóxicos. A cápsula que debía regresar a terra separouse do vehículo correctamente, pero os seus foguetes non funcionaron, polo que a cápsula non se recuperou segundo o previsto e non se obtiveron datos científicos. Reentrou na atmosfera incontroladamente, debido ó rozamento atmosférico, o 15 de febreiro de 1967.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BIOSAT 1" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (20 de abril de 2012). "Biosatellite 1" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 24 March 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-07222). 3 de abril de 1967: 2. Consultado o 5 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Biosat 1, 2, 3 (Bios 1, 2, 3)" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta G" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Biosatellite" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]