Bion 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 1 / Kosmos 605
Tipo Biolóxico
Data de lanzamento 31 de outubro de 1973, 18:24 GMT[1][2][3]
Foguete portador Soyuz U[2][4]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión 21,5 días[5]
Obxectivo da misión Experimentación biolóxica.[2][4][3]
Regreso 22 de novembro de 1974[1][5]
NSSDC ID 1973-083A
Masa 5500 kg[2][4][5]

Bion 1, tamén coñecido como Kosmos 605, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 31 de outubro de 1973 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[5][4][1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Bion 1 foi o primeiro satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 221 km de perixeo, 424 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.[3][5]

A carga de Bion 1 consistiu en varias docenas de ratas, seis caixas con tartarugas, fungos, catro cucarachas e esporas bacterianas, cos que se obtiveron datos sobre o comportamento e as reaccións de mamíferos, réptiles, insectos, fungos e bacterias á ausencia prolongada de gravedade.[2]

A cápsula regresou o 22 de novembro de 1973, recuperándose a unha latitude de 53° 29' N e unha lonxitude de 65°27' E.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "COSMOS 605" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=6913. Consultado o 1 de maio de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Bion 1" (en inglés). 20 de abril de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1973-083A. Consultado o 1 de maio de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 (PDF) Letter dated 25 January 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 28 de xaneiro de 1974. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=844.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Bion" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/bion.htm. Consultado o 1 de maio de 2012.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Bion" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/bion.htm. Consultado o 1 de maio de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú: Mashnostroenie. 1996. ISBN.
  • Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú: Nauka. 1997. ISBN.
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996.

Outros artigos[editar | editar a fonte]