Biodegradabilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mofo amarelo medrando por fóra dunha cubeta con papel mollado.

A biodegradabilidade é a característica de algunas substancias químicas de poder ser utilizadas como substrato por microorganismos, que as empregan para producir enerxía (respiración celular) e crear outras substancias como aminoácidos, novos tecidos e novos organismos.

A biodegradación pode empregarse na eliminación de certos contaminantes como os refugallos orgánicos urbanos, papel, hidrocarburos, etc. Non obstante en vertidos que presenten materia biodegradable estes tratamentos poden non ser efectivos se nos encontramos con outras substancias como metais pesados, ou se o medio ten un pH extremo. Nestes casos faise necesario un tratamento previo que deixe o vertido nunhas condicións nas cales as bacterias poidan realizar a súa función a unha velocidade aceptable.

A degradación destes compostos pode producirse por dúas vías: