Biocombustible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Biocombustíbel")

O biocombustible é o termo para denominar calquera tipo de combustible que derive da biomasa -organismos recentemente vivos ou os seus refugallos metabólicos, tales como o esterco da vaca-. Os restos orgánicos foron a primeira fonte de enerxía que coñeceu a humanidade: a madeira ou os excrementos secos son biocombustibles.

Se se administra ben, a madeira dos bosques pode ser un recurso renovable. Deste xeito propúxose a biomasa como fonte de enerxía. Unha destas biomasas sería a lavra de madeira (un exemplo), produto da limpeza dos bosques ou ata da súa explotación racional.

A cana de azucre, produtora de bioetanol

Os combustibles de orixe biolóxica poden substituír parte do consumo dos combustibles fósiles tradicionais (petróleo, carbón). Os biocombustibles máis usados e desenvolvidos son o bioetanol e o biodiésel.

  • O biodiesel fabrícase a partir de aceites vexetais, que puideron ser usados ou non. Neste último caso acostúmase usar raps, colza, soia ou jatropha, os cales son cultivados para este propósito. O principal produtor de biodiésel no mundo é a Alemaña, que concentra o 63% da produción. Séguea a Francia co 17%, os Estados Unidos co 10%, a Italia co 7% e Austria co 3%.

Regulación[editar | editar a fonte]

En España existe un tipo impositivo especial para biocarburantes de cero euros por 1.000 litros. O tipo especial aplicarase exclusivamente sobre o volume de biocarburante aínda cando este se utilice mesturado con outros produtos.

Consideranse como biocarburantes os seguintes produtos:

a) O alcohol etílico, producido a partir de produtos agrícolas ou de orixe vexetal (bioetanol) definido no código NC 2207.20, xa for utilizado como tal ou previa modificación química.

b) O alcohol metílico (biometanol), definido no código NC 2905.11.00 e obtido a partir de produtos de orixe agrícola ou vexetal, xa for utilizado como tal ou previa modificación química.

c) Os aceites vexetais definidos nos códigos NC 1507, 1508, 1510, 1511, 1512, 1513, 1514, 1515 e 1518, utilizados como tales ou previa modificación química.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros temas relacionados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]