Binapacril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O binapacril é un acaricida,[1] que ten no dinoseb a súa base estrutural.[2] A súa fórmula química é .

Características[editar | editar a fonte]

Usábase principalmente contra os ácaros nos frutais ata que se prohibiu internacionalmente a produción, uso e comercialización de todos os produtos de protección de plantas que conteñan binapacril, non obstante permítese o uso do produto químico para a investigación ou propósitos de laboratorio en cantidades menores de 10 kg. É un posible carcinóxeno e de efecto fetotóxico. A substancia pódea absorber o corpo ao inhalar os seus aerosois, a través da pel e por inxesta, afectando ao metabolismo, provocando nunha temperatura corpórea e suoración. O binacril é moi tóxica para os organismos acuáticos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lucila Candela Plaguicidas: Aspectos ambientales, analíticos y toxicológicos. Universitat Jaume I, 1998, páxina 279
  2. György Matolcsy et al: Pesticide Chemistry. Elsevier, 1988, páxina 323

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]