Bilurico bailón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bilurico bailón
Actitis hypoleucos 1 tb (Marek Szczepanek).jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Preocupación baixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Actitis
Nome científico
Actitis hypoleucos
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O bilurico bailón ou bilurico das rochas (Actitis hypoleucos) é unha ave limícola de tamaño pequeno. É unha das aves incluídas no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).

Descrición[editar | editar a fonte]

Os exemplares adultos miden ata 22 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 32 e 35 cm. Pesan de 40 a 80 gramos. Teñen a parte superior do corpo acastañada, e a inferior abrancazada. Os ollos son negros e as patas, relativamente curtas, oliváceas. O bico é de tamaño mediano, coa base pálida e a punta negra, e unha lista ocular escura. Machos e femias son semellantes. Os individuos novos son barrados na parte inferior do corpo e as beiras das plumas das alas son da cor do ante.

Coa especie irmá americana, o bilurico maculado (A. macularia) forma o xénero Actitis. As dúas especies ocupan zonas xeográficas complementarias. Nos casos en que algún individuo extraviado dunha das dúas especies aparece no territorio da outra poden producirse hibridacións, feito que tamén foi testemuñado entre o bilurico bailón e o bilurico alinegro (Tringa ochropus).

Voan a pouca distancia da auga cun voo rápido e uniforme. Poden nadar e mergullarse durante uns 20 segundos ata un metro de profundidade. Non son aves grgarias polo que é raro velas formar grandes bandos.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Crían en Asia e case toda Europa (agás en Islandia). Eb Europa están presentes entre abril e outubro e crían preto de rios e regos pero tamén as veces de zonas de augas estancadas. Os seus cuarteis de inverno comprenden dende a cunca do Mediterráneo ata Suráfrica, o sur de Asia e Australasia.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntanse de insectos e arañas e incluen tamén na súa dieta crustáceos e moluscos pequenos, que apañan das augas superficiais co bico. Poden cazar insectos en voo.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A súa época reprodutora vai de maio a agosto. O niño é unha cinca no chan cuberta con anacos de plantas. Constrúeno en illas ou preto da beira da auga, agachado na vexetación mesta. Poñen de media catro ovos, duns 35 mm. de lonxitude, que chocan por quendas os dous membros da parella unhas tres semanas.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Na lingua nukumanu ds illas Nukumanu, de Papúa Nova Guinea, un dos nomes aplicados a esta especie, matakakoni, é considerado unha palabra parcialmente tabú, porque viría a significar "ave que camiña un pouco e despois copula", o que faría referencia os movementos característicos da cabeza a a posición da cola da ave mentres busca comida.(Hadden, 2004).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Hadden, Don W. (2004): Birds of the northern atolls of the North Solomons Province of Papua New Guinea. Notornis 51(2): 91–102. PDF texto completo
  • Hayman, Peter; Marchant, John & Prater, Tony (1986): Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Houghton Mifflin, Boston. ISBN 0-395-60237-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bilurico bailón