Billy Graham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBilly Graham

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Franklin Graham Jr. Editar o valor em Wikidata
7 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Charlotte, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 2018 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Montreat, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Párkinson Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónWheaton College (en) Traducir
Universidade Bob Jones (pt) Traducir
Trinity College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiblia, Protestant theology (en) Traducir e Cristianismo evanxélico Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , predicador , clérigo , autobiógrafo , ministro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRuth Graham (pt) Traducir (1943–2007) Editar o valor em Wikidata
FillosFranklin Graham (pt) Traducir, Anne Graham Lotz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webbillygraham.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0333932 Facebook: ReverendBillyGraham TED: billy_graham Musicbrainz: a6ce211b-d6e0-4e6e-bd62-e7046194e6e6 Discogs: 579272 WikiTree: Graham-8093 Find a Grave: 187486261 Editar o valor em Wikidata
Billy Graham co presidente dos Estados Unidos de América Barack Obama.

William Franklin "Billy" Graham, Jr., nado en Charlotte (Carolina do Norte) o 7 de novembro de 1918 e finado en Montreat, no mesmo estado, o 21 de febreiro de 2018, foi un predicador e escritor evanxélico estadounidense, ordenado como pastor baptista so sur, moi coñecido nos Estados Unidos pola súa prédica nas denominadas cruzadas relixiosas, e en especial na radio e televisión. Graham tamén foi conselleiro relixioso de varios presidentes estadounidenses; foi especialmente próximo a Dwight D. Eisenhower e Richard Nixon.[1] Deu o seu apoio ao movemento polos dereitos civís cando comezou a se desenvolver e en 1957 predicou conxuntamente con Martin Luther King en Nova York, e pagou a súa fianza logo de ser detido en 1963 na protestas de Birmingham. Segundo Gallup é un dos homes máis admirados do mundo [2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de granxeiros que perderon os seus aforros na Gran Depresión pero que conseguiron saír adiante, criouse no seo da Igrexa Reformada Presbiteriana Asociada pero foi tras escoitar o evanxelista Mordecai Ham en 1934 cando segundo as súas propias palabras aceptou a Cristo[3]. En 1937 [4] como alumno do Florida Bible Instituto deu o seu primeiro sermón nunha pequena igrexa baptista en Tampa (Florida).

En 1943-1944 mentres servía como pastor en Western Springs, Illinois, soubo que o programa de radio, "Songs in the Night", do seu amigo Torrey Johnson, pastor en Chicago, íase cancelar por falta de fondos e co apoio financeiro da súa congregación decidiu facerse el cargo, o 2 de xaneiro de 1944 presentou por vez primeira o programa, na que se incluía música gospel e mensaxes bíblicas, recrutando ao cantante de gospel George Beverly Shea, a súa popularidade fixo que o programa continuase durante varios anos, pero Graham deixouno a comezos de 1945 e converteuse no principal evanxelista de Youth for Christ International durante tres anos (1946-1948)[5]. Graham serviu como presidente de Northwestern Bible College entre 1948 e 1952.

A primeira misión evanxélica, que denominou cruzada en recordo das forzas cristiáns medievais que querían conquistar Xerusalén, realizouna en Grand Rapids en Míchigan en setembro de 1947, en 1949 tiña programada nos Ánxeles unha nova cruzada, para a que erixiu lonas de circo nun aparcadoiro, e os medios de William Randolph Hearst déronlle cobertura nacional. Segundo Ben Bagdikian a Hears gustáballe o patriotismo e o apelo á mocidade e el pensaba que axudaría a promover as ideas conservadoras e anticomunistas, aínda que eles dous nunca se coñeceron persoalmente[6]. Con esa atención dos medios, o evento durou oito semanas máis do previsto e Graham pasou a ser unha figura nacional.[7] Henry Luce tamén promocionou a Graham e en 1954 apareceu na portada da revista Time[8].

Ao longo da súa vida Graham dirixiu máis de 400 cruzadas en 185 países e territorios, con 210 millóns de persoas presentes en directo [9], e segundo o seu equipo máis de tres millóns de persoas deron un paso á fronte á súa invitación de aceptar a Xesús Cristo como o seu salvador persoal.[10] En 2008 a audiencia Graham durante toda a súa vida, incluíndo as emisións de radio e televisión, superou os 2200 millóns de persoas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Calling Youth to Christ (1947)
  • America's Hour of Decision (1951)
  • I Saw Your Sons at War (1953)
  • Peace with God (1953, 1984)
  • Freedom from the Seven Deadly Sins (1955)
  • The Secret of Happiness (1955, 1985)
  • Billy Graham Talks to Teenagers (1958)
  • My Answer (1960)
  • Billy Graham Answers Your Questions (1960)
  • World Aflame (1965)
  • The Challenge (1969)
  • The Jesus Generation (1971)
  • Angels: God's Secret Agents (1975, 1985)
  • How to Be Born Again (1977)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Transition; Billy Graham to lead Prayers". The New York Times. December 9, 1992. Consultado o December 24, 2007. 
  2. David Aikman Billy Graham: His Life and Influence: Thomas Nelson Inc (2007), p. 2
  3. Sandra Donovan Billy Graham : Twenty-First Century Books, (2006), p. 21
  4. Roger Bruns Billy Graham: A Biography: Greenwood Publishing Group (2004), p. 1
  5. David Poling Why Billy Graham?: Sunstone Press (2007), p. 15
  6. Randall E. King (March 22, 1997). "When worlds collide: politics, religion, and media at the 1970 East Tennessee Billy Graham Crusade". Journal of Church and State. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o August 18, 2007. 
  7. The 2010 TIME 100 Arquivado 04 de maio de 2009 en Wayback Machine. Time, Billy Graham, June 14, 1999.
  8. Bagdikan (2000), Media Monopoly, p. 39
  9. Terry Whalin Billy Graham: Bethany House (2002) p. 10
  10. [1][Ligazón morta] The Independent UK

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]