Billetes de Bohemia e Moravia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Billetes de Bohemia e Moravia eran o conxunto de billetes imprimidos, cuñados e sobreimpresos durante o establecemento do Protectorado de Bohemia e Moravia por parte da Alemaña Nazi, o cal estivo vixente dende o ano 1939 ó ano 1945, durante este protectorado foi establecida unha nova moeda, a coroa do protectorado de Bohemia e Moravia, coñecida tamén coma a Coroa do Protectorado (en checo: Protektorátní koruna), que sería a súa moeda oficial, a cal estaba subdividida en 100 haléřů.

Emisión dos billetes[editar | editar a fonte]

Os billetes da R. de Checoslovaquia de 1 e 5 korun foron selados cun cuño circular coa lenda en alemán "Protektorat Böhmen und Mähren" na parte superior do círculo, e na parte inferior seguía coa lenda (esta vez en checo) "Protektorát Čechy a Morava", a partir do 9 de febreiro de 1940 comezaría a emisión de billetes ordinarios.[1] Despois do selado inicial, o goberno fixo tiradas regulares de 1, 5, 50 e 100 korun no ano 1940, 10 korun no 1942, e 20 e 50 korun en 1944. O Nationalbank für Böhmen und Mähren en Praga (Banco Nacional de Bohemia e Moravia en Praga) introduciu billetes de 500 e 1000 korun no ano 1942, e xa no ano 1943 introduciría billetes checoslovacos de 5000 korun sobreimpresos. A partir de 1944, o Banco Nacional imprimiría billetes ordinarios de 5000 korun.

Táboa completa dos billetes de Bohemia e Moravia[editar | editar a fonte]

Período Emisión Valor Data Imaxe Comentarios
Protectorado de
Bohemia e Moravia[2]
Emisión Provisional de 1939 11 Koruna 1939SD (1939)
55 Korun 1939SD (1939) Jungmann
Emisión de 1940 1 1 Koruna 1940SD (1940)
55 Korun 1940SD (1940)
50 50 Korun 19401940
100100 Korun 19401940 Castelo de Praga e Ponte de Carlos
Emisión de 1942–44 1010 Korun 19421942
20 20 Korun 19441944
50 50 Korun 19441944
Banco Nacional de
Bohemia e Moravia[2]
Emisión de 1942–44 500500 Korun 19421942 Brandl
10001000 Korun 19421942 Parler
5000 5000 Korun 19431943 Sobreimpreso nun billete checo de 1920 - Specimen
50005000 Korun 19441944 San Venceslau

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Linzmayer, Owen (2011). "Bohemia and Moravia". En BanknoteNews.com. The Banknote Book. San Francisco, CA. Consultado o 2011-08-21. 
  2. 2,0 2,1 Cuhaj, 2012, p. 125–26.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]