Bill Haley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bill Haley, 1974, Liége 1.jpg

Bill Haley, nado o 6 de xullo de 1925 e finado o 9 de febreiro de 1981, foi un dos primeiros músicos de rock and roll, e o primeiro en popularizar esa forma de música na metade dos anos 50 co seu grupo Bill Haley & His Comets e a súa primeira canción "Rock Around the Clock". O seu é un rock con influencias do country que orixinará o que despois será o rockabilly.