Big Star
| Big Star | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Memphis, Tennessee, |
| Período | 1971 – 1974 1993 – actualidade |
| Xénero(s) | rock, powerpop |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Jon Auer Jody Stephens Ken Stringfellow |
| Antigos membros | Alex Chilton Chris Bell Andy Hummel John Lightman |
| Web oficial | http://bigstarband.com/ |
Big Star é unha banda estadounidense de rock formada en Memphis, Tennessee no ano 1971 por Alex Chilton, Chris Bell, Jody Stephens e Andy Hummel. O grupo separouse en 1974, pero reorganizouse cunha nova formación 20 anos despois, en 1993. Na súa primeira época o seu estilo estaba influenciado por grupos da British Invasion , como The Beatles e The Kinks, así como The Byrds, The Beach Boys e outras bandas estadounidenses, dando como resultado un powerpop ao que a banda lle deu temas escuros e nihilistas, que máis tarde se faría chamar [rock alternativo]]. Antes da súa ruptura, Big Star creou, en palabras da revista Rolling Stone, "un corpo seminal de traballo que nunca deixou de inspirar ás xeracións posteriores", gañándose o recoñecemento décadas despois, segundo Allmusic, como a "quintaesencia do powerpop estadounidense" e "un dos grupos de culto máis míticos e influentes do rock & roll".
Índice |
[editar] Traxectoria
O primeiro álbum de Big Star, #1 Record, doi editado en 1972 con críticas entusiastas, pero cunha campaña de marketing pouco efectiva por parte de Stax Records, o que cunha pobre distribución retrasou o seu éxito comercial. A frustración pasou factura ás relacións da banda e cando o segundo álbum, Radio City, estivo completado en xaneiro de 1974, tanto Bell como Hummel deixaron o grupo. Ao igual que #1 Record, Radio City tivo excelentes críticas, pero os problemas da discográfica frustrou as súas vendas. Despois de que un terceiro álbum fose considerado pouco comercial para o seu lanzamento e deixado de lado antes de recibir un nome, a banda separouse a finais do ano 1974. Catro anos despois, os dous primeios discos de Big Star foron re-editados xuntos como un álbum dobre. O terceiro traballo da banda foi finalmente lanzado pouco despois co título Third/Sister Lovers, e tivo un limitado éxito comercial. Pouco despois Bell morrería nun accidente de tráfico.
A discografía de Big Star gañou renovada atención nos anos 80 cando R.E.M. e outras populares bandas recoñeceron a súa influencia. En 1992, o aumento do interés fixo que Rykodisc reeditase os álbums da banda, complementándoos cunha coleción dos traballos en solitario de Chris Bell. Noa no 1993 Chilton e Stephens reformaron Big Star recrutando a Jon Auer e Ken Stringfellow de The Posies, e deron un concerto na Universidade de Missouri. O grupo continuou en actividade, realizando xiras por Europa e Xapón, e editando un notra álbum de estudio en 2005, In Space. Chilton morreu o 17 de marzo do 2010, despois de entrar no hospital con problemas de corazón. Hummel, ao que se diagnosticou un cancro no 2008, morreu o 19 de xullo do 2010. Esas mortes deixaron a Stephens como único membro da formación orixinal.
[editar] Discografía
- #1 Record - 1972 (Ardent/Stax)
- Radio City - 1974 (Ardent/Stax)
- Third/Sister Lovers - 1978 (PVC)
- In Space - 2005 (Rykodisc)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)