Biffy Clyro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biffy Clyro
Biffy Clyro Leeds.jpg
Orixe Ayrshire, Escocia Escocia
Período 1995 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, rock progresivo, rock experimental
Selo(s) discográfico(s) Beggars Banquet, 14th Floor, Roadrunner
Membros Simon Neil
James Johnston
Ben Johnston
Na rede
http://www.biffyclyro.com/

Biffy Clyro é unha banda escocesa procedente de Ayrshire, composta por Simon Neil (voz e guitarra), James Johnston (baixo e voces) e Ben Johnston (batería e voces). O son da banda caracterízade por unha pesada, aínda que melódica, mestura de guitarras, baixo e batería, cos tres membros do grupo contribuíndo coas voces. Son coñecidos por complexos e interlazados riffs de guitarra, secuencias de acordes e melodías que soen cambiar ao longo das cancións.

Desde a súa formación no ano 1995, a banda leva editados cinco álbums de estudio e un EP. O seu álbum Puzzle, lanzado no ano 2007, é considerado o máis comercial e aquel que a fixo coñecida en todo o mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Biffy Clyro formouse en 1995 polo guitarrista de 15 anos Simon Neil, que recrutou a Ben Johnston e a alguén coñecido coma Barry para a batería e o baixo respectivamente. Fixéronse chamar Screwfish, e Barry foi substituído ao pouco tempo por James Johnston, o irmán xemelgo de Ben. Os tres pasaron os seguintes dous anos ensaiando, compoñendo e versionando cancións. En 1997 o trío trasladouse a Glasgow, onde Neil asistíu á University Of Glasgow e os irmáns Johnston ao Stow College.

Despois de facer varios concertos pola zona de Glasgow e de que o público reaccionase con entusiasmo, a banda foi vista por Dee Bahl, que se convertiría no seu manager. Bahl ofreceulles a oportunidade de editar un sinxelo polo selo de Aereogramme Babi Yaga. "Iname" lanzouse o 28 de xuño de 1999, e Jim Gellatly deulle a súa aparición na radio na emisora Northsound Radio. Esta primeira edición permitíulle á banda ser elexida polo selo Electric Honey do Stow College para editar un disco. O EP thekidswhopoptodaywillrocktomorrow saíu o 13 de xuño do ano 2000, e despois de escoitalo, o DJ da BBC Radio Scotland Vic Galloway deulle acollida á banda no seu programa. Poucos días antes do lanzamento do EP, a banda foi vista no escenario Unsigned Bands (podería traducirse como o escenario das bandas sen selo) do festival T in the Park por un representante da discográfica Beggars Banquet. Pouco despois Biffy Clyro acabaría asinando co selo.

Beggars Banquet[editar | editar a fonte]

O 9 de abril do 2001 lanzaron a canción "27" como sinxelo. O 1 de outubro un tema de thekidswho... foi regravada e editada, "Justboy". Este feito repetírono o 4 de febreiro do 2002 coa canción "57". O 11 de marzo apareceu o álbum de estrea da banda, Blackened Sky, con críticas positivas. Nesa época Biffy Clyro comezou a realizar extensas xiras, facendo tamén de teloneiros de Weezer o 20 de marzo en Glasgow. O 15 de xullo, o cuarto sinxelo do álbum, "Joy.Discovery.Invention", foi editado como dobro cara-A, xunto coa nova canción "Toys, Toys, Toys, Choke, Toys, Toys, Toys", que posteriormente apareceu en The Vertigo of Bliss.

No ano 2003 a banda entrou no estudio Linford Manor para comezar a gravar a continuación de Blackened Sky. O 24 de marzo editaron un novo sinxelo, "The Ideal Height", seguido por "Questions and Answers" o 26 de maio. O segundo álbum da banda, The Vertigo of Bliss, lanzouse o 16 de xuño con críticas moi positivas, centradas no estilo máis experimental do traballo en comparación con Blackened Sky, así como na inclusión de seccións de corda.

Despois de facer unha extensa xira para promocionar The Vertigo of Bliss, comezou as gravacións do seguinte traballo nos Monnow Valley Studios en Monmouth, País de Gales. Ao igual que cos seus discos anteriores, editáronse dous sinxelos antes que o álbum; "Glitter and Trauma" e "My Recovery Injection" os días 9 de agosto e 20 de setembro respectivamente. O 4 de outubro lanzouse Infinity Land, e o 14 de febreiro do 2005 o derradeiro sinxelo do mesmo, "Only One Word Comes To Mind". O proxecto paralelo de Simon Neil, Marmaduke Duke, tamén editou un álbum nese ano, The Magnificent Duke, e saíu de xira polo Reino Unido, xunto cos xemelgos Johnston acompañándo á banda no baixo e na batería.

Puzzle e chegada do éxito[editar | editar a fonte]

No ano 2006 Biffy Clyro deixou Beggars Banquet e asinou un contrato con 14th Floor, unha pequena filial de Warner Bros. No mes de setembro a banda viaxou a Canadá para gravar o seu cuarto álbum en The Warehouse Studio en Vancouver, e The Farm Studio en Gibsons. Destas sesións editouse o tema "Semi-Mental" como descarga dixital o 25 de decembro. A canción "Saturday Superhouse" apareceu o 5 de marzo do 2007, acadando o posto 13 na lista británica de sinxelos, sendo ata a data o maior posto da banda.

Puzzle editouse en xuño sendo aclamado pola crítica. O álbum chegou ao número 2 da lista británica de álbums na súa primeira semana e foi elexido o mellor álbum do 2007 polas revistas Kerrang! e Rock Sound. O disco está certificado ouro no Reino Unido ao ter vendidas unhas 220.000 copias e no mes de febreiro do 2009 vendera 300.000 copias en todo o mundo.

Actuacións como teloneiros de Muse, The Who, Red Hot Chili Peppers e The Rolling Stones foron moi importantes para ampliar a base de seareiros de de Biffy Clyro. A banda tocou tamén nos festivais Download 2007, Glastonbury 2007, Reading and Leeds Festival e T in the Park. O 25 de agosto anunciouse que "Machines" sería o seguinte sinxelo do álbum, e foi editado o 8 de outubro. A banda foi teloneira de Linkin Park durante a súa europea en xaneiro do 2008. Tamén xirou con Queens Of The Stone Age por Europa e Norteamérica na promoción do álbum Era Vulgaris.

Only Revolutions[editar | editar a fonte]

A banda lanzou un novo sinxelo titulado "Mountains" en xullo do 2008, e acadou o número 5 das listas británicas de sinxelos. Orixinalmente ía editarse só coma sinxelo, pero finalmente a canción incluíuse no seu seguinte álbum.

A banda traballou novamente co produtor Garth Richardson, desta vez nos estudios Ocean Way de Los Angeles, comezando as gravacións a principios de maio do 2009. O primeiro sinxelo do novo álbum, "That Golden Rule", editouse o 23 de agosto e acadou o número 10 da lista británica de sinxelos. "The Captain" apareceu o 26 de outubro e confirmouse que a banda sería teloneira de Muse en 14 datas da súa xira europea. Finalmente Only Revolutions editouse o día 9 de novembro.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]