Bieito XI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XIII ó século XIV
Papas do século XIV
Papa do século XIV ó século XV
Antipapa/s


C o a Benedetto XI.svg

Bieito XI, (nado en Valdobbiadene en 1240 e falecido en Perugia o 7 de xullo de 1304) foi o Papa nº 194 da Igrexa Católica, entre 1303 e 1304.

Chamábase Nicola Boccasini. Ingresou con 14 anos na orde dominica en Venecia. Destacou pola súa intelixencia como mestre. Foi nomeado prior da Lombardía, e en 1296 o noveno de superior xeral da orde de Predicadores. Polas súas calidades estivo encargado dunha delicada misión diplomática en Flandres, onde obtivo éxito. A continuación Bonifacio VIII nomeouno cardeal en 1298. Foi bispo de Ostia. Na controversia co rei Filipe o Fermoso de Francia, é un dos cardeais que permaneceu fiel a Bonifacio VIII, co que se refuxiou no castelo de Anagni, sendo feito prisioneiro e forzado sen éxito a abdicar. Á morte de Bonifacio VIII, foi elixido Papa en outubro de 1303.

B Benedikt XI.jpg

Moito máis pacífico que o seu antecesor, o seu breve pontificado iniciouse coa absolución da excomuñón ditada contra Filipe o Fermoso de Francia, pero negouse sistematicamente a perdoar os autores materiais da ofensa sufrida polo seu predecesor en Anagni, excomungando tanto a Guillaume de Nogaret, conselleiro do rei francés, como a Sciarra Colonna.

Tras oito meses de pontificado, morreu en xullo de 1304, ó parecer envelenado por orde de Guillaume de Nogaret.

Dos seus oito meses de pontificado, coñécese a anécdota de que a súa nai, pobre e viúva, foi visitalo, para o que foi vestida apropiadamente para ser recibida polo Papa. Este, ó vela, protestou por no recoñecer á pía dama, humildemente vestida, á que tanto quería.

Foi beatificado en abril de 1736 por Clemente XII. O seu nome foi introducido no martiroloxio romano por disposición de Bieito XIV en 1748. A súa festividade ten lugar o 7 de xullo.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Concionator patareus (O predicador de Patara), cita que fai referencia á súa pertenza á Orde dos Predicadores.